Santiago García Rey

avogado e político galego

Santiago García Rey, finado en Ribadavia en 1957,[1] foi un avogado e político galego.

Santiago García Rey
Santiago García Rey 1920.jpg
Falecemento1957
 Ribadavia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi concelleiro de Ribadavia e nomeado primeiro tenente alcalde na corporación presidida por Benito Puga Fermoso en 1914.[2] Foi nomeado alcalde de Ribadavia por Real orden a principios de 1916,[3] dimitindo en setembro dese ano.[4] Membro do Partido Liberal, foi elixido alcalde de Ribadavia o 2 de abril de 1920,[5] permanecendo no posta ata a ditadura de Primo de Rivera. Presidente do Comité Republicano Radical Socialista de Ribadavia. Na República foi proclamado alcalde de Ribadavia polo delegado da Federación Republicana de Ourense Antonio Buján Pérez o 16 de abril de 1931.[6] Elixido concelleiro nas eleccións de maio de 1931, o 5 de xuño foi elixido alcalde. En 1933 foi substituído por un breve período por Benito Gallego Montero. Foi destituído en 1935.

Publicou en 1904 un Almanaque judicial para 1905,[7] e colaborou en El Tea.


Predecesor:
Benito Puga Fermoso
  
Alcalde de Ribadavia
 
1916
Sucesor:
Marcelino Orriols Teniá
Predecesor:
Eduardo García Penedo
  
Alcalde de Ribadavia
 
1920 - 1923
Sucesor:
Manuel Meruéndano Fermoso
Predecesor:
Constantino Gómez Fernández
  
Alcalde de Ribadavia
 
1931 - 1933
Sucesor:
Benito Gallego Montero
Predecesor:
Benito Gallego Montero
  
Alcalde de Ribadavia
 
1933 - 1935
Sucesor:
Cesáreo Giráldez Diéguez

NotasEditar

  1. La Noche, 7-10-1958, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 4-1-1914, p. 1.
  3. La Voz de Galicia, 3-1-1916, p. 1.
  4. Diario de Galicia, 21-9-1916, p. 2.
  5. La Voz de Galicia, 3-4-1920, p. 1.
  6. El Pueblo Gallego, 19-4-1931, p. 12.
  7. La Correspondencia Gallega, 12-11-1904, p. 2.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar