A Festa do Portal ten lugar en Ribadavia. Celébrase durante 4 días sendo o principal o 8 de setembro, festivo local nesta vila. Trátase dunha festa na que ten lugar a procesión da Virxe do Portal, patroa de Ribadavia desde o século XVII, que é acompañada por gran cantidade de persoas fieis e devotas.[1]

Despois de eventos como a Feira do Viño, a Mostra Internacional de Teatro e a Festa da Istoria chégalle a quenda á Virxe do Portal que tamén reúne a unha gran multitude de persoas.

Igrexa editar

Moi preto do Castelo dos Sarmientos[2], no centro histórico de Ribadavia[3] atopámonos coa Igrexa da Virxe do Portal[4]. O templo actual construíuse no século XVII sufrindo importantes reformas ata o século XIX. É de estilo neoclásica e no interior sobresae o retablo barroco de 1737 feito en madeira de ciprés e que garda a bela imaxe da Virxe do Portal[5].

Desenvolvemento editar

Comézase confeccionando unha alfombra con pétalos de diversas flores, elaborada pola famosa asociación "Abrandares Rurais"  sendo o debuxo cada ano diferente. A pesar de todas as horas de traballo que empregan as mulleres, a vida da alfombra é relativamente curta, xa que o concello encárgase de retirala a partir das 15 horas.

Esta festa conta con numerosas actividades[6]. Comezando co tradicional pasarúas a cargo de ¨A Banda A Lira¨ da capital do Ribeiro[7]. Sendo un dos actos máis importantes e tradicionais da festa o desfile de xigantes e cabezudos e tamén o mercado medieval situado no casco histórico, que nestes días atópase con postos típicos da época para a exhibición e venda de produtos artesanais e gastronómicos entre outros.

E ao longo destes días, é de destacar unha zona recreativa, a Veronza Arquivado 27 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine., onde se desenvolve a celebración da romaría popular das festas do Portal. Chegando a noite comezan os fogos artificiais, iluminando totalmente a noite de Ribadavia, tendo lugar no Castelo da vila con concertos e distintas actuacións.

Notas editar

  1. "Ribadavia foto a foto". www.ribadavia.net. Consultado o 2019-05-07. 
  2. "Castelo dos Condes Sarmiento". galiceando.com (en castelán). Consultado o 2019-05-08. 
  3. "Centro histórico de Rivadabia". Vacaciones en Galicia | Turismo en Galicia | Guía Oficial de la A.G. | Información de Galicia | Portal turístico de Galicia (en castelán). Consultado o 2019-05-08. 
  4. "Iglesia de A Nosa Señora do Portal – Ribadavia" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-08. 
  5. "Devoción a la Virxe do Portal". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-05-08. 
  6. "Virxe do Portal en Ribadavia". www.paxinasgalegas.es. Consultado o 2019-05-07. 
  7. Tecnoloxías, Imaxina Novas. "O Ribeiro - Galicia Turismo Rural". www.galiciaturismorural.es (en castelán). Consultado o 2019-05-08. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar