Francisco Álvarez-Cascos

(Redirección desde «Francisco Álvarez Cascos»)



Francisco Álvarez-Cascos Fernández, nado o 1 de outubro de 1947 en Madrid, é un político español.

Infotaula de personaFrancisco Álvarez-Cascos Fernández
Nome orixinal(es) Francisco Álvarez-Cascos Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Madrid
Cargos
Secretario Xeral do PP (1989 - 1999)
Vicepresidente do Goberno de España (1996 - 2000)
Ministro de Fomento (2000 - 2004)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolítico
Partido políticoReforma Democrática
Alianza Popular
Partido Popular
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1775691 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De familia asturiana viviu desde mozo en Xixón, estudou enxeñería de camiños en 1976 uniuse a un dos grupos, Reforma Democrática, que posteriormente constituirían Alianza Popular. Entre 1979 e 1986 foi o voceiro de AP no concello de Xixón. Elixido senador por Asturias (1982-1986), candidato á presidencia de Asturias perdeu fronte a Pedro de Silva (1983). Elixido deputado no Congreso dos Deputados en 1986 (ata 2004). Foi elixido secretario xeral do PP en 1989 posto no que permanecería ata 1999. Con José María Aznar foi vicepresidente primeiro e ministro da presidencia (1996-2000) e ministro de fomento (2000-2004). A súa decisión de afastar o Prestige, sen informes que avalaran a decisión,[1] das costas galegas e a súa actuación durante a catástrofe foi moi cuestionada por múltiples sectores sociais e políticos de Galicia.[2]

O 1 de xaneiro de 2011 abandonou o Partido Popular por sentirse "insultado" pola directiva do partido.[Cómpre referencia] Fundou entón o partido Foro Asturias.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar