Abrir o menú principal

Javier Ignacio Maroto Aranzábal, nado en Vitoria o 6 de xaneiro de 1972, é un político vasco, vicesecretario sectorial do Partido Popular. Foi o alcalde do concello de Vitoria entre 2011 e 2015.

Javier Maroto
Javier Maroto

11 de xuño de 2011 – 13 de xuño de 2015
Precedido por Patxi Lazcoz
Sucedido por Gorka Urtaran

Actualmente no cargo
Dende o 20 de novembro de 2012

Datos persoais
Nacemento 6 de xaneiro de 1972
Vitoria, Áraba
Partido PP-PV

TraxectoriaEditar

Tras cursar estudos no colexio San Viator da capital arabesa estudou Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade de Deusto.

En 1999 formou parte da candidatura do PP para o concello de Vitoria, tras ter sido membro de Novas Xeracións de Áraba e tras a vitoria do Partido Popular na capital alavesa ocupou o cargo de tenente de alcalde e concelleiro delegado de Facenda, unha responsabilidade que desempeñaría nos oito anos de goberno do PP (1999-2007). Nesas dúas lexislaturas con Alfonso Alonso como alcalde, exerceu ademais como portavoz do Goberno, presidente da sociedade municipal Gilsa, encargada da xestión do solo industrial no municipio de Vitoria, e concelleiro responsable de Novas Tecnoloxías.

 
Javier Maroto nunha rolda de prensa no concello de Vitoria.

Desde 2008,[1] Javier Maroto foi o voceiro do grupo municipal do PP no consistorio vitoriano, así como o seu responsable na área de Urbanismo.[1][2] Tamén formou parte, como representante do Partido Popular, do consello da sociedade municipal Ensanche 21, encargada da expansión urbana da capital alavesa polas novas áreas de Salburúa e Zabalgana. Así mesmo, é o secretario de organización do Partido Popular en Áraba.

É un dos poucos políticos do Partido Popular que criticou publicamente a posición do Partido Popular sobre o matrimonio homosexual. O 5 de novembro de 2010 nunha entrevista ofrecida a Radio Vitoria opinou que "sería un erro eliminar a lei de matrimonios homosexuais".[3]

Javier Maroto presentou o 23 de xuño de 2010 a súa candidatura á alcaldía de Vitoria para 2011, a cal gañou nas eleccións do 22 de maio. Foi investido alcalde o 11 de xuño de 2015.

Perdeu a alcaldía de Vitoria o 13 de xuño de 2015 en favor de Gorka Urtaran do PNV, a pesar de gañar as eleccións, debido a que os concelleiros de PNV, EH Bildu, Sumando-Hemen Gaude e Irabazi Gasteiz votaron polo candidato jeltzale.[4]

O 18 de xuño de 2015 o Presidente nacional do Partido Popular Mariano Rajoy nomeouno Vicesecretario Sectorial, cargo de nova creación.[5]

NotasEditar

Predecesor:
Patxi Lazcoz
 
Alcalde de Vitoria

2011-2015
Sucesor:
Gorka Urtaran
Predecesor:
Non existía o cargo

Vicesecretario sectorial do Partido Popular

2015-actualidade
Sucesor:
No cargo