Teodoro García Egea

político español

Teodoro García Egea, nado en Cieza (Murcia) o 27 de xaneiro de 1985, é un político español, deputado por Murcia no Congreso durante as X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas e secretario xeral do Partido Popular dende o 26 de xullo de 2018 ata o 22 de febreiro de 2022.[1][2]

Modelo:BiografíaTeodoro García Egea

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Cieza, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Representa: Partido Popular

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Murcia

Electo en: Q69822175 Traducir
Deputado no Congreso dos Deputados
20 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Murcia

Secretario Xeral do Partido Popular
26 de xullo de 2018 – 22 de febreiro de 2022
← María Dolores de CospedalCuca Gamarra →
Deputado no Congreso dos Deputados
6 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Murcia

Deputado no Congreso dos Deputados
29 de decembro de 2015 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Murcia

Deputado no Congreso dos Deputados
10 de xaneiro de 2012 – 27 de outubro de 2015
← Jaime García-Legaz (pt) Traducir

Circunscrición electoral: Murcia

Q55759015 Traducir
2007 – 2009 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Politécnica de Cartagena - grao en enxeñaría de telecomunicación, Doutor en filosofía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro de telecomunicacións Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Participou en
26 de outubro de 2020quinto aniversario de El Español Editar o valor en Wikidata

Sitio webteodorogarciaegea.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: teodoro.garciaegea Twitter: TeoGarciaEgea BNE: XX5883260 Dialnet: 4575635 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

É enxeñeiro de Telecomunicación e doutor enxeñeiro pola Universidade Politécnica de Cartaxena.[3] A súa actividade investigadora céntrase no procesado de sinal cerebral, o control, a automática e as redes inalámbricas. Tamén realizou estudos en mercadotecnia política e xestión de proxectos pola Universidade George Washington así como un programa de liderado de xestión pública en IESE. É profesor asociado do Grao Enxeñería de Telecomunicación na UCAM.[4]

A nivel político, foi concelleiro no Concello de Cieza (2007-2009), onde se proclamou campión do mundo en lanzamento de óso de oliva (2008)[5], director da Axencia de Xestión da Enerxía da Rexión de Murcia, secretario de área de tecnoloxía do PP da Rexión de Murcia e vicesecretario de formación de Novas Xeracións da Rexión de Murcia. En xaneiro de 2012 accedeu ao Congreso en substitución de Jaime García-Legaz e foi reelixido en 2015 e 2016.[6][1]

O 26 de xullo de 2018 Pablo Casado, presidente do Partido Popular, nomeouno secretario xeral do PP.[7] A súa xestión foi criticada por algúns sectores do partido e, finalmente, acabou presentando a súa dimisión o 22 de febreiro de 2022.[8] Nos días previos, varios medios de comunicación sinalaron a unha suposta trama de espionaxe á presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, dende a propia dirección do Partido Popular por mor do cobro dunha suposta comisión por parte do seu irmán. Isabel Díaz Ayuso sinalou nunha rolda de prensa a Pablo Casado e Teodoro García Egea o que provocou que este, como secretario xeral anunciase o inicio dun expediente contra Díaz Ayuso.[9] Estes episodios causaron unha forte división dentro do Partido Popular, que sinalou como responsable a Teodoro García Egea.[10] Ante as críticas e o cuestionamento interno, Teodoro García Egea presentou a súa dimisión.[11]

  1. 1,0 1,1 Congreso dos Deputados. "García Egea, Teodoro". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2020. Consultado o 1 de decembro de 2017. 
  2. Diario, Nós. "Dimite García Egea mentres Casado dilucida o seu futuro". Nós Diario. Consultado o 2022-02-22. 
  3. Grupo Parlamentario Popular. "García Egea, Teodoro". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 1 de decembro de 2017. 
  4. "Teodoro García Egea". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2017. Consultado o 1 de decembro de 2017. 
  5. http://cadenaser.com/emisora/2018/07/26/radio_murcia/1532603237_131056.html
  6. "Teodoro García será el cabeza de lista del PP al Congreso por Murcia". La Verdad. 6 de novembro de 2015. Consultado o 1 de decembro de 2017. 
  7. "Teodoro García, un diputado curtido en NNGG para sustituir a Cospedal". El Confidencial. 26 de xullo de 2018. 
  8. Press, Europa (2021-11-17). "García Egea evita comentar las críticas que le dirige Álvarez de Toledo: "Me parecen lo mismo que a usted"". www.europapress.es. Consultado o 2022-02-22. 
  9. "Guerra aberta entre Díaz Ayuso e a dirección do PP". G24. Consultado o 2022-02-22. 
  10. "Unha parte do grupo parlamentario do PP esixe un Congreso extraordinario e a destitución de Egea". G24. Consultado o 2022-02-22. 
  11. "Egea dimite como secretario xeral do PP". G24. Consultado o 2022-02-22. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar