Abrir o menú principal

Juan Manuel Moreno

político español

TraxectoriaEditar

Orixe e mocidadeEditar

Juan Manuel Moreno é neto de xornaleiros do Valle del Guadalhorce e o único fillo home de dous veciños de Alhaurín el Grande que emigraran a Cataluña: Juan Moreno Conejo, que traballou de delineante industrial na Hispano Olivetti e a SEAT, e María Bonilla, que traballou nuns grandes almacéns.[1][2][3] Ten dúas irmás, unha maior e outra menor ca el.[4]

Tres meses despois do seu nacemento en Barcelona, a súa familia volveu con el á provincia de Málaga, concretamente á capital, á zona da antiga estrada de Cártama, onde estudou a EXB no colexio Giner de los Ríos.[5]

Cando Juanma Moreno tiña 14 anos, mudáronse ó barrio de Puente de las Américas da capital, onde o seu pai montou unha drogaría, na rúa Ingeniero de la Torre Acosta. Estudou no instituto Universidade Laboral de Málaga[6] e con 16 ou 17 anos foi vocalista de varios grupos de pop-rock de ámbito local, como Lapsus Psíquico e Falsas realidades, con certa influencia de Danza Invisible.[7][8]

Comezos na políticaEditar

Iniciou a carreira de Psicoloxía e logo Maxisterio na Universidade de Málaga (UMA), pero axiña descubriu a súa vocación política. En 1989, con 19 anos, afiliouse ó Partido Popular. Colaborou na fundación da Asociación Popular de Estudantes, da que foi voceiro durante os cursos 1991-92 e 1992-93. Este último ano alcanzou a presidencia de Novas Xeracións de Málaga e no curso 1993-94 foi tamén vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación e membro da xunta de goberno da UMA. Segundo comenta, traballou nunha pizzaría e como comercial.[9]

Concelleiro do Concello de Málaga (1995-1997)Editar

En 1995, con 25 anos, resultou elixido concelleiro de Mocidade e Deporte no Concello de Málaga, con Celia Villalobos como alcaldesa, así como Presidente da Xunta Municipal do distrito de Campanillas e Puerto de la Torre. Un ano despois, xa era presidente de Novas Xeracións de Andalucía.

Deputado rexional no Parlamento de Andalucía (1997-2000)Editar

En 1997, con 27 anos, foi elixido deputado por Málaga e voceiro de Mocidade do Grupo Parlamentario Popular durante a V Lexislatura do Parlamento de Andalucía. Tamén foi elixido presidente de Novas Xeracións a nivel nacional e responsable de Política Autonómica e Local do partido.

Deputado nacional no Congreso (2000-2011)Editar

Foi deputado nacional no Congreso durante as VII, VIII, IX e X lexislaturas, exercendo de voceiro adxunto do Grupo Popular na Comisión de Ciencia e Tecnoloxía e de Secretario na Comisión de Asuntos Sociais.

Obtivo un grao en Protocolo e Organización de Eventos pola Universidade Camilo José Cela, ademais de varios títulos propios (Titulado Superior Universitario en Protocolo e Relacións Institucionais pola Universidade Camilo José Cela, Mestría en Dirección e Administración de Empresas pola Escola Autónoma de Dirección de Empresas e Programa de Liderado para a Xestión Pública por IESE Business School) e un premio (máster de Ouro do Real Fórum de Alta Dirección).[10]

En setembro de 2006 casou coa politicóloga granadina Manuela Villena.

Secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade (2011-2014)Editar

 
Juanma Moreno en 2012

Tralo seu nomeamento como secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade o 30 de decembro de 2011, impulsou e participou na redacción dos seguintes plans e leis:[11]

  • Plan Estratéxico Nacional de Infancia e Adolescencia 2013-2016.[12]
  • Estratexia para a Erradicación da Violencia de Xénero.[13]
  • Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade.[14]
  • Plan Nacional de Inclusión Social.[15]

Candidato á Presidencia da Xunta de Andalucía (2014-presente)Editar

O 1 de marzo de 2014, unhas semanas despois do falecemento do seu pai, foi elixido presidente do PP de Andalucía e candidato á Presidencia da Xunta de Andalucía.[16] Ante este novo desempeño, e malia ter vivenda en Málaga, mudouse coa súa familia ó concello sevillano de Alcalá de Guadaíra.[17] No 15º Congreso Autonómico do PP Andaluz, celebrado do 17 ao 19 de marzo de 2017 no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga, foi reelixido para o cargo para os catro anos seguintes. Converteuse así no primeiro presidente do PP Andaluz elixido directamente polos afiliados no sistema de dobre volta, obtendo o 98,95% dos votos dos afiliados na primeira volta e o 95,04% na segunda.

NotasEditar

Véxase taménEditar