Abrir o menú principal

Rafa Vilar González,[1][2][3], nado en Cee o 2 de abril de 1968, é un escritor galego que ten destacado especialmente no eido da poesía.

Rafa Vilar
Rafa Villar (AELG)-1.jpg
Nacemento1968
 Cee
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
XénerosPoesía
EstudosFiloloxía galego-portuguesa
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

É licenciado en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa no servizo de normalización lingüística da Confederación Intersindical Galega. Foi voceiro da xestora nacional da plataforma Nunca Máis e parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Membro do Batallón Literario da Costa da Morte, foi tamén un dos fundadores e impulsores da editora Letras de Cal. É un dos membros destacados do Movemento Galego ao Socialismo.

Comeza a ser coñecido sobre o ano 1992, cando gaña con Liques da Memoria o premio Fermín Bouza Brey para autores novos. Interesado nos xeitos alternativos de edición, foi un dos primeiros autores galegos en facer edicións web da súas obras, así como de ter unha páxina persoal: Mares de Simbad onde ofrecía parte da súa obra poética xunto con artigos sobre a creación e edición literarias. Tamén participou na creación da editora dixital Retagarda Edicións, que ofrecía libros en formato de diskette.

Obra publicadaEditar

PoesíaEditar

Literatura infanto-xuvenilEditar

Obras colectivasEditar

TraduciónsEditar

  • Actores sociais, loitas reivindicativas e política popular, de Isabel Rauber, 2003, A Nosa Terra.
  • O século XXI. Socialismo ou barbarie?, de István Mészáros, 2003, A Nosa Terra.

PremiosEditar

NotasEditar

  1. Ficha do autor
  2. Conta en Twitter do autor
  3. O autor galeguizou o seu apelido anterior, Rafael Xesús Villar González. Pode verse na súa ficha na Editorial Galaxia.

Véxase taménEditar