Consellaría
Denomínase consellaría ou consellería a cada unha das carteiras en que se dividen os gobernos das comunidades autónomas de España, incluídas as da Xunta de Galicia. Trátase do equivalente aos ministerios na repartición por funcións dos órganos de goberno estatais. A cabeceira dunha consellaría é rexida por un responsábel máximo, que se coñece como conselleiro. Así mesmo, a dependencia ou sede de cada consellaría recibe a mesma denominación.
Consellarías da Xunta de GaliciaEditar
Actualmente[cando?] o goberno da Xunta de Galicia está formado por 10 consellarías, amais do departamento da Presidencia e da Vicepresidencia. Non obstante, o número de consellarías é variábel e cada novo goberno dispón o número de carteiras en función das súas preferencias políticas.[1]
- Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Alfonso Rueda.
- Consellería de Facenda: Valeriano Martínez García
- Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: Beatriz Mato
- Consellería de Infraestruturas e Vivenda: Ethel María Vázquez Mourelle
- Consellería de Economía, Emprego e Industria: Francisco Conde López
- Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Román Rodríguez González
- Consellería de Sanidade: Jesús Vázquez Almuíña
- Consellería de Política Social: José Manuel Rey Varela
- Consellería do Medio Rural: Ángeles Vázquez Mejuto
- Consellería do Mar: Rosa Quintana