Luís Bará
Xosé Luís Bará Torres, nado en Vilaboa o 9 de maio de 1965, é un político, filólogo e profesor galego[1].
Xosé Luís Bará Torres | |
![]() | |
2011 – 2016 | |
Alcalde | Miguel Anxo Fernández Lores |
2005 – 2009 | |
Presidente | Emilio Pérez Touriño |
1995 – 2019 | |
Alcalde | Miguel Anxo Fernández Lores |
Datos persoais
| |
Nacemento | 9 de maio de 1965 Vilaboa, Pontevedra |
Partido | Bloque Nacionalista Galego |
Profesión | Filólogo, profesor, político |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Na rede
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria Editar
Estudou o Bacharelato no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, formando parte da 1ª promoción que estudou Lingua Galega e Literatura no curso 1979-1980. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela.[1]
Foi profesor de Lingua Galega e Literatura no IES Torrente Ballester desde 1988 ata 1999 en que pediu a excedencia ao pasar a formar parte da corporación municipal trala elección de Miguel Anxo Fernández Lores coma alcalde de Pontevedra, se ben xa viña exercendo como concelleiro na oposición desde 1995. En 2005, ao formarse o Bipartito na Xunta de Galicia, foi designado Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura. En 2009, ao non acadarse o suficiente número de escanos para manter o Goberno nas eleccións ao Parlamento, foi destituído do seu cargo, sendo nomeado concelleiro non electo en Pontevedra (2009-2011)[2]. Tralas eleccións municipais de 2011 continuou no goberno grazas á coalición do BNG e do PSdeG. Nas municipais de 2015 repetiu como concelleiro asumindo as áreas de Mobilidade, Patrimonio cultural e etnográfico e Centro Histórico, pero dende a súa elección coma deputado no Parlamento de Galicia polo BNG, tralos comicios de 2016, as súas competencias quedaron reducidas a Patrimonio e Memoria Histórica. No ano 2019, tralas eleccións municipais, abandona a súa acta de concelleiro para continuar o seu labor como deputado, que vén exercendo ata actualidade trala reelección nas eleccións autonómicas de 2020.
Impulsou a creación da Feira Franca de Pontevedra[3], apoiado polo traballo de documentación por parte do seu equipo de colaboradores. Tamén traballou na declaración do Ano Castelao (premio Voces de Pontevedra 2000), no Ano da Música (premio da Crítica de Galicia), no Salón do Libro infantil e Xuvenil e na Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL)[4].
Colabora na recuperación da memoria histórica[5], primeiro desde o seu cargo de Director Xeral de Creación e Difusión Cultural e despois continuou o labor a través do seu blog.
Colabora con artigos na publicación dixital Pontevedra Viva.
Vida persoal Editar
Luís Bará é o pai do poeta Diego Bará e de Sabela Bará.
Publicacións Editar
- Lingua galega e Literatura 3. A descrición (con Manuel Lourenzo González). Edicións Xerais de Galicia, 1995, 126 páx. ISBN 9788475079202
- Lingua galega e Literatura 3. A narración (con Manuel Lourenzo González). Edicións Xerais de Galicia, 1996, 135 páx. ISBN 9788475079660
- O diálogo. Lingua galega e Literatura 4 (con Manuel Lourenzo González). Edicións Xerais de Galicia, 1996, 136 páx. ISBN 9788483020357
- Lingua galega e Literatura 4. A exposición e a argumentación (con Manuel Lourenzo González). Edicións Xerais de Galicia, 1998, 150 páx. ISBN 9788483023037
- Non des a esquecemento. Relatos do xenocidio fascista en Galiza, da resistencia e da solidariedade. Instituto de Estudos Miñoráns, 2017, 246 páx. ISBN 9788461789504
Limiar de: Cegoñas no fondo da ría (Manuel Lourenzo González, 2015)
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 Perfil Arquivado 16 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. en Pontevedra Viva.
- ↑ "Luis Bará estrea a súa condición de concelleiro non electo visitando actuacións en Monte Porreiro", La Voz de Galicia, 20 de xuño de 2009.
- ↑ "Luis Bará: "O éxito da festa é que dura un día e medio. Ampliala pode ser un risco"". El Progreso de Lugo. Consultado o 2015-11-28.
- ↑ co00889t. "I Conferencia sobre Politicas Culturales - Nueva publicación". www.kultura.ejgv.euskadi.eus (en castelán). Consultado o 2015-11-28.
- ↑ "Luís Bará: “Trato de transmitir o relato emocional da represión e a resistencia”". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 2015-11-28.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luís Bará |
Ligazóns externas Editar
- Non des a esquecemento, blog persoal.