Bruxelas-Capital
A Rexión de Bruxelas-Capital (francés: Région de Bruxelles-Capitale, neerlandés: Brussels Hoofdstedelijk Gewest) ou ben Rexión de Bruxelas (francés: Région Bruxelloise, neerlandés: Brusselse Gewest) é unha das tres Rexións que compoñen Bélxica. Esta rexión, bilingüe segundo os estatutos municipais, está habitada por belgas que pertencen ás dúas principais comunidades lingüísticas do país: a comunidade francesa e a comunidade flamenga. Estímase que 50% da poboación bruxelense é francófona pola orixe da súa lingua materna, 10% flamenga e 40 % falan outras linguas (empregando case exclusivamente como lingua franca o francés), no seu conxunto o francés é empregado polo 95,55% da poboación de xeito habitual. Por mor da presenza no seu territorio de numerosas institucións internacionais, atópase igualmente entre as concentracións máis importantes de habitantes nados doutros países da Unión Europea. A isto súmanse numerosos inmigrantes procedentes do Magreb (especialmente de Marrocos) de Turquía, de América, de África (especialmente da República Democrática do Congo, antiga colonia belga) e da Europa central, facendo da Rexión un conxunto cosmopolita e multicultural.
Région de Bruxelles-Capitale Brussels Hoofdstedelijk Gewest | ||
---|---|---|
| ||
Estado | ![]() | |
Capital | Cidade de Bruxelas | |
• Poboación | n/d | |
Lingua oficial | As dúas | |
• Total | 161 km² km² | |
• % auga | n/d | |
• Total | 1 120 000 hab. (01/11/2010) hab. | |
• Densidade | 6.939 hab./km² hab./km² | |
Xentilicio | n/d | |
Fuso horario | n/d | |
Código ISO | n/d | |
HistoriaEditar
O 18 de xuño de 1989, por primeira vez, os bruxelenses elixen directamente aos seus representantes rexionais. Bruxelas-Capital constitúe dende entón unha Rexión autónoma, comparable ás Rexións de Flandres e a Rexión Valoa.
ComposiciónEditar
A Rexión componse de 19 concellos (communes): Bruxelas, que se atopa no centro, e ao seu ao redor os 18 restantes. Os 19 municipios son (co código postal):
- Anderlecht (1070)
- Bruxelles-Ville (1000, 1020, 1120, 1130, 1040, 1050)
- Ixelles (1050)
- Etterbeek (1040)
- Evere (1140)
- Ganshoren (1083)
- Jette (1090)
- Koekelberg (1081)
- Auderghem (1160)
- Schaerbeek (1030)
- Berchem-Sainte-Agathe (1082)
- Saint-Gilles (1060)
- Molenbeek-Saint-Jean (1080)
- Saint-Josse-ten-Noode (1210)
- Woluwe-Saint-Lambert (1200)
- Woluwe-Saint-Pierre (1150)
- Uccle (1180)
- Forest (1190)
- Watermaal-Bosvoorde (1170)
Situación lingüísticaEditar
A rexión de Bruxelas-Capital distínguese das outras dúas polo seu bilingüismo oficial: o francés e o neerlandés son de uso obrigado en todos os servizos públicos (administracións, hospitais, policía...). De facto, o francés é amplamente maioritario na poboación (95,55%), debido tanto á aprendizaxe na escola como ao fluxo migratorio dende países francófonos.[1]
De acordo coa lingua materna dos habitantes, a distribución é a seguinte:
- Francés: 51,6%
- Neerlandés: 9,5 %
- Bilingüe francés/neerlandés: 9,9%
- Bilingüe francés/outro idioma: 9,3%
- Outros idiomas: 19,7%
A distribución de linguas correctamente faladas na práctica pola poboación sería a seguinte:
- 95,55% da poboación fala francés.
- 35,40% da poboación fala inglés.
- 28,23% da poboación fala neerlandés.
- 7,39% da poboación fala español.
- 6,36% da poboación fala árabe.
- 5,72% da poboación fala italiano.
- 5,56% da poboación fala alemán.
Historicamente Bruxelas é unha cidade flamenga na que o idioma popular era o neerlandés, mais no século XIX do mesmo xeito que en practicamente toda Europa, a nobreza e a alta burguesía falaba francés. Cando Bélxica se independiza, as clases dirixentes escollen o francés como lingua oficial do país, xa que o tiña coma un idioma máis culto e avanzado. Esta decisión ocasionaría posteriormente un conflito lingüístico aínda pendente de resolver.
En Bruxelas, onde se establece a corte, toda a burguesía convértese en francófona e tamén gran parte da poboación aprende o francés para mellorar as súas probabilidades de promoción. Posteriormente Bélxica recoñece como oficial o idioma neerlandés e tras marcar unha fronteira lingüística, Bruxelas como capital tanto de Bélxica como de Flandres é declarada oficialmente bilingüe, aínda que de facto o francés continuará sendo maioritario.
ClimaEditar
Segundo a Clasificación climática de Köppen Bruxelas conta cun clima oceánico (Cfb).
Lugo Aeroporto (445 msnm) (1971-2000) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura máxima absoluta (°C) | 15.3 | 20.0 | 24.2 | 28.7 | 34.1 | 38.8 | 37.1 | 36.5 | 34.9 | 27.8 | 20.6 | 16.7 | |
Temperatura máxima media (°C) | 5.7 | 6.6 | 10.4 | 14.2 | 18.1 | 20.6 | 23.0 | 22.6 | 19.0 | 14.7 | 9.5 | 6.1 | |
Temperatura media (°C) | 3.3 | 3.7 | 6.8 | 9.8 | 13.6 | 16.2 | 18.4 | 18.0 | 14.9 | 11.1 | 6.8 | 3.9 | |
Temperatura mínima media (°C) | 0.7 | 0.7 | 3.1 | 5.3 | 9.2 | 11.9 | 14.0 | 13.6 | 10.9 | 7.8 | 4.1 | 1.6 | |
Temperatura mínima máxima (°C) | −21.1 | −18.3 | −13.6 | −5.7 | −2.2 | 0.3 | 4.4 | 3.9 | 0.0 | −6.8 | −12.8 | −17.7 | |
Precipitacións (mm) | 76.1 | 63.1 | 70.0 | 51.3 | 66.5 | 71.8 | 73.5 | 79.3 | 68.9 | 74.9 | 76.4 | 81.0 | |
Horas de sol | 59 | 77 | 114 | 159 | 191 | 188 | 201 | 190 | 143 | 113 | 66 | 45 | |
Humidade relativa media (%) | 86.6 | 82.5 | 78.5 | 72.5 | 73.2 | 74.1 | 74.3 | 75.5 | 80.9 | 84.6 | 88.2 | 88.8 | |
Fonte: KMI/IRM[2] |
Cidades irmandadasEditar
Varias cidades están irmandadas coa Rexión de Bruxelas-Capital[3]:
NotasEditar
- ↑ O uso das linguas en Bruxelas e a situación do neerlandés (Revista Brussels studies. nº 13, 7 de xaneiro de 2008)
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2013. Consultado o 04 de febreiro de 2014.
- ↑ "Rexión de Bruxelas Capital". berlin.de (en español). Arquivado dende o orixinal o 09/12/2007. Consultado o 15/05/2008.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bruxelas-Capital |
Ligazóns externasEditar
Oficiais
Non oficiais