Anderlecht

Anderlecht é un dos dezanove municipios da rexión de Bruxelas-Capital.[1]

Anderlecht
Bandeira de Anderlecht
Escudo de Anderlecht
BandeiraEscudo
Town hall of Anderlecht (DSC 2233).jpg
EstadoFlag of Anderlecht.svg n/d
Capitaln/d
 • Poboaciónn/d
Linguas oficiaisneerlandés e francés
 • Total17.74 km²
 • % augan/d
 • Total (2018)118.382 hab.
 • Densidaden/d
Fuso horarioCET
 • Horario de veránCEST

Ten unha superficie de 17,74 quilómetros cadrados e, a 1 de xaneiro de 2019, unha poboación de 119.714 habitantes.

Limita, ademais da cidade de Bruxelas, con Dilbeek, Forest, Molenbeek-Saint-Jean, Sint-Pieters-Leeuw e Saint-Gilles.

HistoriaEditar

 
Colexiata dos Santos Pedro e Guido
 
Cidade de Moortebeek

Hai constancia de que o concello xa estaba habitado na idade de pedra, aínda que o nome da vila non aparece por primeira vez até 1047.

Idade MediaEditar

Nos primeiros escritos aparecen catro vilas ocupando o territorio actual: Anderlecht, Cureghem, Aa e Neerpede.

Durante a Baixa Idade Media, construíuse a colexiata gótica Saints-Pierre-et-Guidon, construída sobre unha cripta romana.

Idade ModernaEditar

En 1521 o humanista Erasmo de Rotterdam pasou alí uns meses, aloxándose cuns monxes locais. A Universidade actual leva o seu nome.

Idade ContemporáneaEditar

En 1791, Charles François Dumouriez loitou alí contra os austríacos. Durante o século XIX adquiriu importancia grazas á expansión urbana e industrial de Bruxelas (barrio obreiro de La Roue), e despois da Segunda guerra mundial a súa poboación aumentou drasticamente.

ActualidadeEditar

Cando se decidiu a rexionalización de Bélxica en 1981, pasou a formar parte da Rexión de Bruxelas-Capital.

DemografíaEditar

EvoluciónEditar

Todos os datos históricos relacionados co concello actual, a seguinte gráfica reflicte a súa evolución demográfica.

Gráfica de evolución demográfica de Anderlecht entre 1846 e 2020

Lugares de intereseEditar

 
A cidade xardín de Bon air
  • O Museo de China, que reúne numerosos documentos e obxectos que a congregación Scheut trouxo da súa acción na China, como un Buda de bronce que data do século XV e numerosos retratos de misioneiros. Este museo foi establecido no actual convento de monxas e describe aspectos da vida cultural e artística da antiga China.
  • O Musée bruxellois de la gueuze (Museo da Cervexa de Bruxelas), situado na última cervexaría artesanal de Bruxelas (creada en 1900 ) aínda en funcionamento: a cervexaría Cantillon .
  • Estatua de Jean-Claude Van Damme Presentada o 21 de outubro de 2012, a escultura de 1,74 metros de peso tonelada e media foi feita por Guy Ducheyne e representa o maior artista marcial belga de todos os tempos no auxe da súa carreira.

DeportesEditar

O municipio é famoso polo seu equipo de fútbol, o Royal Sporting Club Anderlecht (RSC Anderlecht) que gañou o campionato da liga belga 28 veces. É o mellor equipo belga en competicións europeas e tamén da Primeira División belga. Tamén é coñecido o RSC Anderlechtois de rugby.

Cidades irmanadasEditar

NotasEditar

  1. "Anderlecht, de Belgica - Embajada de Belgica". www.embajadadebelgica.org. Consultado o 2022-05-14. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar