Hammersmith e Fulham
Mapa | |
---|---|
Situación dentro do Gran Londres | |
Información | |
Estado | Reino Unido |
País | Inglaterra |
Condado | Gran Londres |
Capital | |
Superficie | 16.40 km2 |
Poboación | 169.700 (est. 2010) |
Densidade | 10.348 h/km² |
Alcalde | Frances Stainton |
Web oficial de Hammersmith e Fulham |
O distrito municipal de Hammersmith e Fulham (en inglés, London Borough of Hammersmith and Fulham) é un distrito (borough) do Gran Londres situado ao oeste de Kensington e Chelsea, ao sur de Brent e ao norte do río Támese.
Este distrito é o resultado da fusión, en 1965, dos antigos distritos de Hammersmith e Fulham. Era coñecido unicamente como distrito de Hammersmith até 1979, cando o consello do distrito cambia o nome ao actual.