Brabante Valón

Brabante Valón
Francés: Province du Brabant wallon
Neerlandés: Provincie Waals-Brabant
Drapeau Province BE Brabant Wallon.svg Héraldique Province BE Brabant Wallon.svg
Rexión Valonia
Capital Wavre
Lingua oficial {{{lingua}}}
Poboación 373.492 habitantes
Censo 2008
Área 1.093 km²
Densidade 2006: 336 hab./km²
Gobernador Marie-José Laloy
Páxina web www.www.brabantwallon.be/
Mapa
BelgiumWalloonBrabant.png

A provincia do Brabante Valón[1] (francés: Brabant wallon, neerlandés: Waals-Brabant) é a máis nova e tamén a máis pequena provincia belga.

Baixo a tutela da Rexión Valoa, está fortemente polarizada por Bruxelas, da que é unha extensión periurbana. As principais communes son Wavre, Waterloo, Braine-l'Alleud, Nivelles, Tubize, Rixensart, Ottignies-Louvain-la-Neuve e Jodoigne.

A provincia contaba (a 1 de xaneiro de 2008) con 373.4922 habitantes. A súa superficie é de 1.093 km² e a súa capital é a cidade de Wavre.[2]

Pequena historiaEditar

A provincia naceu da escisión da antigua provincia unitaria de Brabante ente o Brabante Flamengo (de fala predominante neerlandesa) e o Brabante Valón (de fala predominante francesa).[3].

Dita escisión levouse a cabo por un acordo de cooperación asinado o 30 de maio de 1993 entre o Estado federal, as tres Rexións e as Comunidades francesa e flamenga.

O nacemento oficial da provincia do Brabante Valón consagrouse o 1 de xaneiro de 1995.

Concellos (communes) do Brabante ValónEditar

A provincia está formada por un único arrondissement (distrito) —Nivelles— que inclúe 27 communes (municipios ou concellos). A capital do arrondissement é Nivelles (Nijvel, en neerlandés).

  Distrito de Nivelles
   
1. Beauvechain - Bevekom
2. Braine-l'Alleud - Eigenbrakel
3. Braine-le-Château - Kasteelbrakel
4. Chastre
5. Chaumont-Gistoux
6. Court-Saint-Etienne
7. Genappe - Genepiën
8. Grez-Doiceau - Graven
9. Hélécine

10. Incourt
11. Ittre - Itter
12. Jodoigne - Geldenaken
13. La Hulpe - Terhulpen
14. Lasne
15. Mont-Saint-Guibert
16. Nivelles - Nijvel
17. Orp-Jauche
18. Ottignies-Louvain-la-Neuve

19. Perwez - Perwijs
20. Ramillies
21. Rebecq - Roosbeek
22. Rixensart
23. Tubize - Tubeke
24. Villers-la-Ville
25. Walhain
26. Waterloo
27. Wavre - Waver

GobernadoresEditar

  • 1995-2000: Valmy Féaux
  • 2000-2007: Emmanuel Hendrickx
  • Desde o 8 de xaneiro de 2007: Marie-José Laloy (nomeada polo Goberno Valón)

Evolución da poboaciónEditar

Poboación de dereito a primeiro de xullo de cada ano:

Arrondissement 01-07-2003 01-07-2004 01-07-2005 01-07-2006
Nivelles 358753 361418 364722 367693
-- dos cales estranxeiros 29.512 29.445 30.133 30.395

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Brabante é o nome da rexión histórica, hoxe dividida entre os Países Baixos e Bélxica. Ver entrada de «Oss». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1530. ISBN 9788482893600. 
  2. Institut national de statistique - Direction générale Statistique et Information économique
  3. Charles-Étienne Lagasse, Les Nouvelles Institutions politiques de la Belgique et de l’Europe, Erasme Namur, 2003, páxs. 133-137

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar