Mini
Xosé Luís Rivas Cruz, alcumado Mini, nado en San Martiño de Pacios (Begonte) o 18 de xuño de 1951, é un profesor, cantautor, compositor, musicólogo e político galego.
Xosé Luís Rivas Cruz | |
![]() Xosé Luís Rivas Cruz (Mini). | |
Actualmente no cargo | |
Dende o 21 de outubro de 2016 | |
Xuño de 2015 – Agosto de 2015 | |
Datos persoais
| |
Nacemento | 18 de xuño de 1951 (72 anos) Begonte, Galicia |
Partido | Bloque Nacionalista Galego (BNG) |
Alcume | Mini |
Profesión | Cantante e compositor, musicólogo e político |
Na rede
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria editar
Impartiu clases nunha escola unitaria no concello de Boimorto, e máis tarde sería profesor no CPI Armando Cotarelo Valledor. Mentres, desenvolveu un amplo labor cultural dentro da música, na que se segue a manter de forma activa.
Formou parte da banda Fuxan os ventos dende a súa fundación até 1982 para despois, en 1984, xunto co seu compañeiro Baldomero Iglesias Dobarrio "Mero", formar A Quenlla, grupo no que continúa na actualidade. Nese mesmo ano fixo a música para a curtametraxe Mamasunción. No ano 2007 cedeu, canda o seu compañeiro "Mero", as recollas de cantos, bailes, lendas e refráns recompiladas ao longo da súa traxectoria, ao museo do pobo galego.[1] Todo este repertorio foi dixitalizado e posto a disposición dos interesados no patrimonio oral galego.[2]
Nas eleccións municipais de 2015 presentouse como cabeza de lista do BNG-Asembleas Abertas e foi elixido alcalde de Boimorto co apoio do PSdeG.[3] Dous meses despois Gonzalo Concheiro, candidato do PP, pasa a ser novo alcalde de Boimorto tras prosperar unha moción de censura do PP apoiada por un concelleiro que fora elixido nas listas do PSdeG-PSOE pero que pasara a ser non adscrito no mes de xullo.
Tras as eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado polo BNG para a 10.ª lexislatura, sendo reelixido nas eleccións de 2020.
É pai da tamén cantante e política Navia Rivas.
Predecesor: Ana Ledo |
Alcalde de Boimorto 2015 |
Sucesor: Gonzalo Concheiro |
Obra musical editar
Destaca como compositor e adaptador de cancións galegas e leva a cabo un intenso labor de recompilación do folclore de Galiza. Así, ten editados trece álbums e ten arranxado as músicas para os seguintes vídeos:
- Historia da lingua
- Os señores da palabra
- 70 anos de nacionalismo
- Memoria de rosas
- Longa noite de pedra
- A carón dá escola
- Cantares de cego I
- Contos de lanuxes pra nenos
- Somos lenda viva
Obra escrita editar
Ensaio editar
- Boimorto: memoria dun silencio, 2007, Concello de Boimorto.
Obras colectivas editar
- Contos de vellos para nenos, con Mero, 1995.
- Somos lenda viva, con Mero, 1996, Citania de Publicacións.
Premios editar
En 2009, foi premiado xunto a Mero co Pedrón de Ouro pola divulgación da cultura oral de Galiza.[4] En 2012 recibiron o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda.
Notas editar
- ↑ "Dispostas para cantare". Folque. 2017-10-17. Consultado o 2021-01-25.
- ↑ "Arquivo Dixital do Museo do Pobo Galego - Arquivo Dixital do Museo do Pobo Galego". apoi.museodopobo.gal. Consultado o 2021-01-25.
- ↑ Lombao, David (16 de xuño de 2015). "O grande reto dos artistas é materializar algún soño; agardo que a política nos sirva para iso". Praza.gal. Consultado o 18 de xuño de 2015.
- ↑ "Premiado co Pedrón de Ouro o labor de recollida e divulgación da cultura popular de Mini e Mero". La Voz de Galicia. 18 de abril de 2009. Consultado o 20 de maio de 2019.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mini |