Abrir o menú principal

A Quenlla é un grupo galego fundado no ano 1984 por varios músicos, entre os que se atopaban Mini e Mero, ex-compoñentes históricos do grupo Fuxan os Ventos. O proxecto da Quenlla naceu coa intención de elaborar un estilo próximo ao folk e á música tradicional galega, pero sen abandonar a temática social e reivindicativa, un aspecto que Fuxan os ventos viñera descoidando. Á formación inicial, de só tres persoas, fóronse sumando distintos músicos, até acadar a decena.

A Quenlla
OrixeGaliza Flag of Galicia.svg
PeríodoDende 1984
Xénero(s)Folk
MembrosChusa, Tareixa, Mariña, Iria, Mijail, Irati, Saxa, Omeljan, Mini e Mero
Páxina webwww.aquenlla.com

As letras da Quenlla baséanse en dúas fontes: a música tradicional e os escritores galegos, sendo moi numerosas na súa discografía as adaptacións de diferentes poemas de Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Xosé Luís Méndez Ferrín, así como a inclusión nos discos de textos recitados.

Outra característica do grupo é unha certa tendencia a facer discos temáticos, como xeito de incidir nunha determinada mensaxe. Así Európolis '88 é unha crítica feroz á Unión Europea; A casa que nunca tivemos, unha reflexión metafórica sobre Galiza e o amor á terra; e Namórate da vida, un canto contra os perigos da droga (este disco foi feito en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Axuda ó Drogodependente).

En 2010 publicaron Os Irmandiños.[1]

O grupo tamén ten colaborado numerosas veces poñendo banda sonora a distintos documentais e outras obras videográficas.

DiscografíaEditar

TraballosEditar

Colaboracións e discos colectivosEditar

  • Xogando coa música 1 (1997)
  • Xogando coa música 2 (1998)
  • Chill Out Celta en Galicia (2004)

RecompilatoriosEditar

Bandas SonorasEditar

  • Galicia: 70 anos de nacionalismo (1988)
  • Historia da Lingua Galega (1988)
  • Longa noite de pedra (1989)
  • Luís Pimentel: máis alá da néboa (1990)
  • Patria poética (1991)

NotasEditar

Véxase taménEditar