Iria Aboi

política galega

Iria Aboi Ferradás, nada en Marín o 3 de setembro de 1982, é unha filóloga galega, exsecretaria xeral de Galiza Nova.

Infotaula de personaIria Aboi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , filóloga , profesora Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela.

Milita no BNG dende os 14 anos. Ocupou postos de responsabilidade nos Comités Abertos de Estudantes (CAE) e nos Comités Abertos de Faculdade (CAF). É membro do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego desde 2006. Foi parte da Dirección Nacional de Galiza Nova e pertence á Unión da Mocidade Galega.

Foi elixida como secretaria xeral de Galiza Nova na décima asemblea nacional desa organización, celebrada o 30 de marzo de 2007, na que se enfrontaron dúas candidaturas: unha de coalición Isca - Esquerda Nacionalista-Mocidade, Encontro Irmandiño con independentes (que levaba como número cinco ao anterior secretario xeral, Xosé Emilio Vicente Caneda) e a encabezada por Iria Aboi composta por membros da UMG e militantes independentes, que recibiu o 60 % dos votos (177 fronte a 111).

Na XI Asemblea Nacional, que tivo lugar do 24 ao 25 de outubro de 2009, resultou reelixida no cargo con 184 votos a favor (57,5 % dos emitidos), sendo a primeira muller en acceder a este posto. Non se presentou para unha segunda reelección, e o 18 de novembro de 2012, no marco da XII Asemblea Nacional, foi substituída no cargo por Alberte Mera García.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar