Roberto Vilameá
político galego
Roberto Vilameá Ponte, nado na Estrada, é un político galego do BNG.
Roberto Vilameá | |
---|---|
Lugar de nacemento | A Estrada |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Na década dos 90 foi Secretario Xeral da Unión da Mocidade Galega, organización xuvenil da UPG, e formou parte da Comisión Permanente da Dirección Nacional de Galiza Nova, sendo responsábel de Publicacións.
Ademais foi secretario de organización da Unión do Povo Galego e membro do Consello Nacional do BNG (2009-2012). É tesoureiro da xunta directiva da Fundación Bautista Álvarez.[1] Tras unha etapa desligado da primeira liña política na actualidade é responsábel comarcal do BNG na comarca de Deza-Tabeirós-Terra de Montes e membro do Consello Nacional.
Notas editar
- ↑ "Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2017. Consultado o 22 de abril de 2017.