Antón Fernández Escuredo

xornalista galego

Antón Fernández Escuredo é un xornalista galego.

Antón Fernández Escuredo
Lugar de nacementoGalicia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
Na rede
Twitter: anton_escuredo Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Sendo un cativo, mudouse coa súa familia á Arxentina. Viviu un en Cataluña,[1] onde participou de maneira activa no activismo asociativo e radiofónico. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Barcelona. Comezou a súa andaina nas ondas como colaborador no programa Galicia algo máis, Radio Sants-Montjuïch, dirixido por Moncha Prieto, quen, ao mudarse a Galicia, deixou a emisión ao cargo de Xosé M. Sancho e Antón F. Escuredo. Despois dunha pausa, entre 2001 e 2003, Escuredo, xa como director único do programa, relanza a emisión desde Sants3Ràdio.[2] Escuredo é un dos fundadores da rede de emisións galegas en Cataluña Ergac e desde esta asociación ideou e dirixiu a primeira xeira do boletín A Micro Pechado.

Como xornalista, traballou como subdirector da revista A Peneira e en Edicións Alen-Miño. Tamén foi redactor de Sermos Galiza[3] e colaborador ocasional de Praza Pública[4] ou da catalá Vilaweb.[5] Impulsor da canle Nós TV, fai parte da redacción do Nós Diario.

Notas editar

  1. Proxecto Neo, 146.- Guido Leboroni, Antón Fernández Escuredo e Marco Pereira, 20 de xaneiro de 2016.
  2. "A Micro Pechado, 116" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 2019-04-25. 
  3. CV do persoeiro en LinkedIn.
  4. Perfil[Ligazón morta permanente] en Praza Pública.
  5. Perfil en Vilaweb (en catalán).