María Obelleiro

xornalista galega

María Obelleiro Hermida, nada en Arcade (Soutomaior) o 4 de abril de 1985[1], é unha xornalista galega e docente galega. Foi directora de Sermos Galiza[2] e dende xaneiro de 2020 ata agosto de 2024 dirixiu Nós Diario[3].

Modelo:BiografíaMaría Obelleiro

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Soutomaior, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

Facebook: maru.oh Twitter: MObelleiro Instagram: mobelleiro BUSC: obelleiro-hermida-maria-1985 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (especialidade de xornalismo audiovisual), cursou o Mestrado Universitario de Protocolo na Universidade de Barcelona e o Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Tamén conta co Grao en Educación Primaria.

Especialista en Xornalismo en igualdade, foi a directora de Nós Diario desde a súa posta en marcha, en xaneiro de 2020. Previamente, 2017 dirixiu o semanario en papel Sermos Galiza e desde febreiro de 2019 estivo tamén á fronte da edición dixital, www.sermosgaliza.gal [4].

Empezou a súa traxectoria como xornalista en A Nosa Terra. Colaborou no desaparecido Correo Televisión, nos faladoiros de actualidade política de Radio Galega e no portal Tribuna Catalana, así como no diario euskaldún Berria e no dixital catalán Vilaweb. Precisamente, cos directores de Berria, Martxelo Otamendi, e de Vilaweb, Vicent Partal, participou nas cartas cruzadas "Galeusca de Direccións".

Participou na redacción dos Informes de Literatura do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.[5]

Participou en 2018 no foro Las mujeres que opinan son peligrosas.[6]

En agosto de 2024, anunciou que deixaba o xornalismo para impartir clases no ensino público galego, tras aprobar as oposicións. Substituíuna na dirección do xornal o político e xornalista Alberte Mera.

Recoñecemento

editar

Gañou o Premio de Xornalismo Johán Carballeira en 2016-2017, cunha reportaxe titulada O aparheid sanitario na Galiza.[7][8]

  1. "María Obelleiro (@MObelleiro)". twitter.com. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  2. "María Obelleiro". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2018. 
  3. “Nós Diario nace xa hoxe como terceiro xornal en papel de Galiza en número de subscricións”, entrevista en Praza Pública, 2 de xaneiro de 2020.
  4. "María Obelleiro Hermida". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2018. Consultado o 2 de maio de 2018. 
  5. Redacción. "Sermos Galiza unifica as direccións do diario dixital e do semanario". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-01-31. 
  6. Deputación de Pontevedra (ed.). "Foro Las Mujeres que Opinan Son Peligrosas". Consultado o 2 de maio de 2018. 
  7. Concello de Bueu (ed.). "HISTÓRICO DOS PREMIOS DE XORNALISMO JOHÁN CARBALLEIRA DE BUEU" (PDF). Consultado o 2 de maio de 2018. 
  8. "María Obelleiro, directora do semanario, gaña o Xohán Carballeira de xornalismo". Sermos Galiza (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2019. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar