Héctor Pena
Héctor José Pena Taboada, nado en Santiago de Compostela o 14 de setembro de 1985, é un xornalista, escritor e historiador galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1985 (38/39 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, historiador |
Empregador | Nós Diario |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
Traxectoria
editarXornalista, historiador e doutorando en Turismo Deportivo na Universidade de Vigo, actualmente é o responsable da sección de Deportes en Nós Diario.[1] Antes colaborou en múltiples medios de comunicación como DXT Campión, Xornal de Galicia, O Dez ou Mundiario, ao mesmo tempo que escribía libros sobre a historia do fútbol galego como "Historia del Trofeo Teresa Herrera" ou "Os nosos: futbolistas e adestradores que defenderon as cores do Celta e do Deportivo". Paralelamente, colaborou con organizacións que traballan a favor da memoria histórica como a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática e a Fundación Castelao.
En 2021 foi o comisario da mostra itinerante sobre deporte galego Galiza, un pobo, unha selección, escribindo ademais o guión do documental e dirixindo a revista e o xornal homónimos.[2] Tamén foi un dos promotores da Iniciativa Lexislativa Popular que en 2021 demandou a oficialidade das seleccións deportivas galegas.[3] En 2024 foi finalista dos Premios Follas Novas do Libro Galego polo libro "Historia do fútbol feminino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete".[4]
Obras
editarNarrativa
editar- A Pioneira (2023). Edicións Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-1110-324-4. ePub: ISBN 978-84-1110-348-0.[5]
Ensaio
editar- Historia del Trofeo Teresa Herrera (2015). Deputación da Coruña.[6]
- Os nosos: futbolistas e adestradores que defenderon as cores do Celta e do Deportivo (2017).[7]
- Historia do fútbol feminino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete (2023). Vigo: Galaxia.[8]
Obras colectivas
editar- O libro do camiño inglés (2014). Deputación da Coruña[9].
- Galiza, un pobo, unha selección (2021). Vía Galega [10].
Recoñecementos
editar- En 2023 gañou o XX Premio de xornalismo Johán Carballeira pola súa reportaxe "Historia Inacabada do Deporte Galego", publicada en Nós Diario.[11]
Notas
editar- ↑ Sara (2023-07-27). "Galaxia publica a "Historia do fútbol feminino en Galicia. De Irene González a Vero Boquete"". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-28.
- ↑ "Inauguración da exposición “Galiza, un pobo, unha selección”". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2023. Consultado o 3 de maio de 2023.
- ↑ "Impulsan una campaña para que las selecciones gallegas compitan a nivel oficial".
- ↑ "Finalistas Premios Follas Novas 2024". 22/04/2024. Consultado o 08/07/2024.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-05-15.
- ↑ "Un clásico del fútbol veraniego en recuerdo de una coruñesa excepcional". El Ideal Gallego.
- ↑ ""Os Nosos", el libro que recoge a los futbolistas que jugaron en ambos clubes". Faro de Vigo.
- ↑ Laura Veiga (2023-07-27). "De Irene González a Vero Boquete: o novo libro de Galaxia que repasa a historia do fútbol feminino na Galiza". Nós Diario. Consultado o 2023-07-28.
- ↑ El Libro del Camino Inglés. Deputación Provincial da Coruña. 2014. Consultado o 01/05/2023.
- ↑ Pena, Héctor (2021). Vía Galega, ed. Galiza, un pobo, unha selección (PDF). Galiza. Consultado o 01/05/2023.
- ↑ "Héctor Pena gaña o XX Premio Johan Carballeira de Xornalismo".
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Artigos de Héctor Pena en Nós Diario.