Verónica Boquete

futbolista galega

Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987,[2] é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia.

Verónica Boquete
Información persoal
Nome Verónica Boquete Giadáns
Nacemento 9 de abril de 1987 (37 anos)
Lugar de nacemento Santiago de Compostela
Altura 1,60 m.[1]
Posición Dianteira
Centrocampista[1]
Información de club
Club actual Fiorentina
Número 87
Carreira xuvenil
1993–2000 Don Bosco
CD Belvís
2000–2005 Funeraria Apóstol
2002–2005 Xuventú Aguiño
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2008 Zaragoza CFF 83 (40)
2008–2011 RCD Espanyol 81 (69)
2010 Buffalo Flash 7 (8)
2010 Chicago Red Stars 3 (1)
2011 Philadelphia Independence 13 (5)
2011–2012 Energia Voronezh 5 (1)
2012–2014 Tyresö FF 39 (13)
2014 Portland Thorns 15 (4)
2014–2015 FFC Frankfurt 21 (7)
2015–2016 FC Bayern Munich 9 (0)
2016–2018 Paris Saint-Germain 31 (8)
2018 Beijing BG Phoenix F. C.
2019–2020 Utah Royals 29 (1)
2020–2022 AC Milan 20 (2)
2022– Fiorentina 46 (17)
Selección nacional
2004-2006 España sub-19 23 (10)
2005- España 56 (38)
2007- Galicia 3 (2)
Na rede
Twitter: VeroBoquete FIFA: 217085 UEFA: 93426 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 23 de decembro de 2023.
Selección: actualizado a 21 de novembro de 2020editar datos en Wikidata ]

Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia,[3][4][5][6] desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final. Foi tamén a primeira española finalista no Balón de Ouro e a única en ser elixida como a mellor xogadora da liga estadounidense. En 2020 foi elixida no once ideal do ano nos Premios The Best da FIFA.

Foi 56 veces internacional coa selección española absoluta, sendo a segunda máxima goleadora da súa historia, con 38 goles. Foi capitá da selección e liderou a esta na Copa do Mundo de Fútbol Feminino en 2015, o primeiro Mundial no que participou España. Tamén é a capitá da selección de Galicia.

Traxectoria editar

Inicios (1987-2010) editar

Comezos no fútbol base (1987-1999) editar

Interesouse polo fútbol por influencia de seu pai Nicasio (adestrador en categorías rexionais) e de seu irmán Adrián, que chegou a xogar en Segunda División B. Comezou xogando ao fútbol sala no equipo do seu barrio, o Don Bosco. Era un equipo só de nenos e a normativa impedía os equipos mixtos, polo que durante os primeiros anos só adestraba con eles, mentres tiña que ver os partidos dende a bancada. Grazas aos esforzos de seu pai e do equipo, que acudiron á Federación Galega e ao CSD, conseguiron finalmente que se cambiase o regulamento.[7][8][9] Mentres xogaba no Don Bosco, comezou a compaxinar o fútbol sala co fútbol 11, xogando ao mesmo tempo no CD Belvís.[10][11]

Funeraria Apóstol e Xuventú Aguiño (2000-2005) editar

Militou logo no Funeraria Apóstol de fútbol sala, co que gañou a Copa Galicia no ano 2000 e disputou ata catro promocións frustradas de ascenso a Primeira División entre 2002 e 2005.[12][13][14] Dende 2002 xogou ademais ao fútbol no SD Xuventú Aguiño de Ribeira.[15] Co equipo ribeirense proclamouse en 2003 campioa galega, logrando o ascenso a Primeira Nacional (segunda categoría do fútbol feminino español), e subcampioa da Copa Galicia, tras perder na final contra Lavadores.[16][17]

CD Transportes Alcaine (2005-2008) editar

Xogou co equipo de Aguiño en Primeira Nacional ata 2005, cando despois de ter ofertas entre outros de Levante e Sevilla, fichou polo CD Transportes Alcaine - despois rebautizado como CD Prainsa Zaragoza - co que debutou na Superliga, a máxima categoría de fútbol feminino de España, ao mesmo tempo que o facía o club. Despois de acadar a permanencia durante os dous primeiros anos -un deles grazas a un gol da galega no último partido-, o terceiro ano o equipo logrou consolidarse e rematou oitavo, logrando a clasificación para a Copa da Raíña. Antes da súa disputa, ao final da tempada despois da conclusión do campionato de liga, o club informouna de que non contaban con ela e que era libre de seguir o seu futuro lonxe do club, formas que desgustaron á dianteira.[18] Nos seus anos na capital aragonesa estudou Maxisterio de Educación Física.[19]

RCD Espanyol (2008-2011) editar

No Espanyol (2008-2010)

Entre 2008 e 2010 xogou no Real Club Deportivo Espanyol, onde conseguiu un subcampionato da Superliga e dúas Copas da Raíña, consolidándose como unha das xogadoras con maior progresión e unha das mellores do panorama nacional, anotando 31 goles en 61 partidos.

Primeira incursión nos Estados Unidos (2010)

Foi entón cando lle chegou a oportunidade no fútbol profesional, e no verán de 2010 marchou a Nova York para xogar co Buffalo Flash a parte final da tempada na W-League, naquel momento segunda categoría do fútbol feminino estadounidense. Con este equipo xogou os playoffs, gañou o título de liga e marcou oito goles, dous deles na final disputada en Santa Clarita, California, sendo elixida mellor xogadora da final.[20] Só uns días despois do remate fichou polos Chicago Red Stars, equipo da WPS, a máxima categoría dos Estados Unidos, para xogar os últimos partidos da tempada.[20] Debutou o 7 de agosto de 2010, fronte ao FC Gold Pride (0-0),[21] e marcou o seu primeiro gol na penúltima xornada da liga fronte ao Philadelphia Independence, facendo o primeiro dos dous goles do seu equipo (2-0).[22] Na derradeira xornada deu dúas asistencias na vitoria por 2-1 sobre Washington Freedom e foi elixida "Mellor Xogadora da Xornada".[23]

Derradeira tempada no Espanyol (2010-2011)
 
Xogando co Tyresö FF en 2014.

Tras a súa "xira americana" regresou ao Espanyol para a tempada 2010-11. Co club perico foi a máxima goleadora da liga, con 39 goles en 28 partidos, establecendo un récord no campionato.[24][25] As súas cifras goleadoras contribuíron de xeito significativo a que o seu equipo rematase primeiro do seu grupo na primeira fase da Superliga e primeiro tamén na segunda fase, xogando a final contra o Rayo Vallecano por segundo ano consecutivo. No partido de ida da final Vero Boquete marcou dous goles para poñer o 2-2 no marcador, pero o seu equipo caeu derrotado no partido de volta en Sant Adrià de Besòs (1-2), acabando de novo subcampión.[26]

Etapa profesional (2011-2020) editar

Philadelphia Independence e subcampionato da WPS (2011) editar

A xogadora finalizou así a súa etapa en España e no verán de 2011 decidiu levar a súa carreira á profesionalidade, fichando polo Philadelphia Independence da WPS, máxima categoría do fútbol estadounidense.[27] Alí marcou 5 goles nos 11 partidos que xogou na liga regular, meténdose o equipo nos playoffs polo título.

[28] Tras derrotar ao magicJack nas semifinais disputaron a final contra o club neoiorquino no que xogara a tempada pasada, agora renomeado como Western New York Flash. O partido acabou 1-1 despois dos 90 minutos e a prórroga, pasando a decidirse nos penaltis. Vero Boquete marcou o seu lanzamento, pero o fallo da madrileña Laura del Río deulle o título ao Flash.[29] Con todo, Vero Boquete foi elixida mellor xogadora da liga.[30]

Fútbol ruso e debut na Liga de Campións (2011-2012) editar

Tan só uns meses despois fichou polo Futbol'nyj Klub Ėnergija Voronež, o equipo máis laureado de Rusia, co que xogou a Liga de Campións Feminina da UEFA, a máxima competición por clubs de Europa.[31] Debutou na competición o 29 de setembro de 2011, nos oitavos de final contra o Bristol Academy Women's Football Club, que rematou cun empate a 1-1.[32] Marcou o seu primeiro gol no partido de volta, sendo este decisivo para gañar 4-2 e pasar aos oitavos de final.[33] Na seguinte rolda, con todo, non tiveron opcións contra o Futbol'nyj Klub Rossijanka de Sofía Jakobsson e perderon a eliminatoria por un global de 3-7.[34]

Tyresö e éxitos en Suecia (2012-2014) editar

En xaneiro de 2012 fichou polo Tyresö Fotbollsförening da Damallsvenskan de Suecia, onde compartiu vestiario coa cinco veces mellor xogadora mundial da FIFA Marta Vieira da Silva.[35] O equipo logrou gañar a liga sueca, e Vero Boquete foi galardoada como a mellor centrocampista do campionato, unha posición que alternou coa de dianteira.[36][37] A principios da tempada 2013, perdeu a Supercopa de Suecia nos penaltis contra o Kopparbergs Göteborg Fotboll Club,[38] e logo acabou o ano como subcampión de liga. Na tempada seguinte o equipo chegou á final da Liga de Campións que perdeu 3-4 contra o entón vixente campión, o alemán VfL Wolfsburg. Vero Boquete anotou o segundo gol da final, converténdose así na primeira xogadora española en marcar nunha final.[39]

Nova incursión nos Estados Unidos (2014) editar

 
Co trofeo da Liga de Campioas Feminina da UEFA de 2015.

De novo a disparidade de datas nos campionatos permitiulle fichar brevemente polo Portland Thorns Football Club ata que chegase a oportunidade de fichar por outro club europeo de primeiro nivel e porque quería resarcirse do campionato de liga estadounidense que perdera uns anos antes nos penaltis.[40] A pesar das expectativas, o club terminou terceiro na tempada regular e foi eliminado nas semifinais do playoff polo FC Kansas City, que acabou sendo o campión.[41][40] Vero Boquete marcou catro goles, deu seis asistencias, foi elixida tres veces "Mellor Xogadora da Xornada" e ao remate do campionato foi incluída no Once Ideal e elixida segunda mellor xogadora do ano, só superada pola escocesa Kim Little.[42]

Campioa da Liga de Campións co FFC Frankfurt (2014-2015) editar

En agosto de 2014 aceptou unha oferta para unirse ao Frauen-Fußball-Club Frankfurt alemán, triplo campión da Liga de Campións.[43] Despois dunha gran tempada, o equipo chegou á final do torneo onde se enfrontou ao Paris Saint-Germain, logrando a vitoria por 2-1, converténdose así Vero Boquete na primeira española en gañar o torneo.[44][45] Ademais foi incluída no equipo ideal do torneo.[46] Disputou 33 partidos co club alemán, marcando 15 goles, 6 deles na máxima competición europea. Outro novo fito que logrou durante a súa estadía en Frankfurt foi converterse na primeira xogadora española en asinar un acordo cun patrocinador deportivo, Adidas.[47]

Bayern München e lesión (2015-2016) editar

En maio de 2015 fichou polo FC Bayern München.[48] Coas bávaras proclamouse campioa da Bundesliga pero só xogou nove partidos debido a unha lesión que a mantivo parada a maior parte da tempada. Despois de falar coa directiva, acordaron a súa saída do club e aceptou unha oferta do Paris Saint-Germain, club contra o que gañara a Liga de Campións un ano antes.[49]

Paris Saint-Germain e terceira final de Champions (2016-2018) editar

Asinou co equipo francés coa expectativa de lograr unha nova Liga de Campións,[50] e estivo preto de logralo na súa primeira tempada. O club francés disputou a final o 1 de xuño de 2017 no Cardiff City Stadium contra as veciñas do Olympique Lyonnais, rematando cun empate a 0-0. O partido resolveuse na quenda de penaltis, onde Vero anotou o seu tiro, pero a vitoria foi para o Lyonnais por 7-6, logrando así o seu terceiro título e privando por segunda vez ao equipo parisiense do título. Na tempada seguinte, a mediados do campionato, decidiu deixar o club de mutuo acordo cos seus dirixentes por falta de minutos e aceptou unha oferta do Beijing Beikong Phoenix FC da Superliga da China.[51] Co club francés marcou un total de 13 goles en 43 partidos.

 
Verónica Boquete co Bayern de Múnic no 2016

Paso pola China e volta aos Estados Unidos (2018-2020) editar

Tras case un ano na capital da China, onde o equipo acabou sexto na liga,[52] o 4 de xaneiro de 2019 fichou polo Utah Royals Football Club, da NWSL, volvendo así á máxima categoría do fútbol feminino dos Estados Unidos.[53]​​[54] O equipo quedou sexto a catro puntos dos playoffs e Vero Boquete foi incluída no «equipo do mes» da competición en maio.[55] A tempada 2020 non chegou a comezar por mor da pandemia de coronavirus.

AC Milan (2020-2022) editar

En novembro de 2020 fichou polo AC Milan, a sección feminina do club milanés fundada un par de anos antes.[56] Debutou o 15 de novembro na vitoria por 1-0 sobre a Roma, levando nas costas o número 87, ano do seu nacemento.[57] Na súa primeira tempada acadou o subcampionato da Serie A por detrás da Juventus e a clasificación para a Liga de Campións da UEFA, e o club renovou o seu contrato por outro ano.[58]

Fiorentina (2023-) editar

En xaneiro de 2022 deixou o Milan para fichar pola Fiorentina.[59] Asinou contrato só ata o final da tempada, pero ao remate desta foi renovada tamén para a tempada 2022/23, na que acabou sendo a máxima goleadora do equipo con oito goles.[60]

Selección española editar

Debutou coa selección sub-19 aos 16 anos, en marzo de 2004, nun partido fronte a Italia (2-2).[61] Coa sub-19 gañou o Campionato Europeo Feminino sub-19 da UEFA no 2004.[62] Disputou o mesmo ano a Copa do Mundo sub-19 en Tailandia, onde foi elixida pola FIFA como unha das mellores 18 xogadoras do torneo.[62] Con 17 anos foi convocada por primeira vez por Ignacio Quereda para a selección absoluta. O 24 de outubro de 2012 clasificou a España para unha Eurocopa 16 anos despois, marcando un histórico gol fronte a Escocia na última xogada do partido de volta da repesca, culminando unha remontada despois de ter fallado un penalti dous minutos antes.[63] Na Eurocopa, disputada en Suecia, a selección española chegou a cuartos de final, con dous goles de Vero Boquete.

Xogou 56 partidos coa selección absoluta, sendo a máxima goleadora da súa historia, con 38 goles.[64][65] Disputou co equipo nacional a Copa do Mundo do Canadá en 2015, primeiro Mundial xogado por España, marcando un dos dous únicos goles do seu equipo no campionato.

Selección galega editar

 
Vero Boquete coa selección española en 2013

En 2002, con 15 anos, foi convocada por primeira vez para a selección galega sub-25 adestrada por Manolo "Petaca", coa que disputou durante os seguintes anos o Campionato Nacional de Autonomías.[66][67] En 2007 participou no rexurdimento da selección galega absoluta, que volveu xogar un partido 20 anos despois do último. Foi en Balaídos fronte á selección de Cataluña e acabou con derrota por 1-6.[68] Ao ano seguinte xogou contra a selección das Illas Baleares en Pasarón, partido que acabou con vitoria por 7-1 e dous goles de Vero Boquete.[69] O seu terceiro e último partido coa selección galega foi en 2016 no Estadio da Lomba fronte a Cataluña (0-5).

Recoñecementos editar

No ano 2011 foi elixida como a mellor xogadora da WPS, máxima categoría do fútbol estadounidense, e foi galardoada co premio Gallegos del Año.[30][2] No 2012, mentres militaba no Tyresö, foi galardoada como a mellor centrocampista da liga sueca.[70] En 2013 foi finalista no Premio UEFA á Mellor Xogadora en Europa, rematando quinta, posición que repetiu ao ano seguinte, mentres que en 2015 foi cuarta.[71][72] En 2014 foi ademais finalista no FIFA Balón de Ouro, quedando en oitava posición na votación,[73] e nos Estados Unidos foi elixida segunda mellor xogadora da liga, só por detrás da escocesa Kim Little.[42] En 2015 foi nomeada a mellor futbolista do ano pola BBC xunto a outras catro futbolistas, premio que gañou finalmente a nixeriana Asisat Oshoala.[74] Ese mesmo ano a Xunta de Galicia concedeulle a medalla Castelao e o goberno de España condecorouna coa medalla de bronce da Real Orde do Mérito Deportivo.[75][76][77] No 2016 recibiu en Ames o premio á mellor futbolista galega da tempada 2014/15.[78]

No 2018 o Concello de Santiago de Compostela cambiou o nome do Estadio Multiúsos de San Lázaro, pasando este a chamarse "Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro".[79][80]

En decembro de 2020 foi elixida no once ideal do ano na gala anual dos Premios The Best da FIFA.[81]

Outras actividades editar

Dende febreiro de 2015 é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino.[82] Dende 2017 forma parte da comunidade de futbolistas CommonGoal, iniciativa liderada por Juan Mata que loita a favor da reintegración social da infancia a través dos fondos recadados co 1% do salario dos e das futbolistas desa comunidade.

Palmarés editar

Clubs editar

Funeraria Apóstol editar

Xuventú Aguiño editar

Prainsa Zaragoza editar

RCD Espanyol editar

Buffalo Flash editar

Tyresö FF editar

FFC Frankfurt editar

FC Bayern München editar

Internacional editar

Selección española sub-19 editar

Distincións individuais editar

  • Máxima goleadora da Superliga (1): 2010/11 (39 goles).
  • MVP da final da W-League (1): 2010.
  • Xogadora da Semana da WPS (1): 2010
  • Xogadora do Ano da WPS (1): 2011
  • Mellor centrocampista da Liga Sueca (1): 2012
  • Xogadora da Semana da NWSL (3): 2014
  • Once Ideal da Liga de Campións da UEFA (1): 2014/15

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Perfil de Verónica Boquete na páxina da Copa Mundial Feminina da FIFA Canadá 2015". FIFA.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2015. Consultado o 18 de xuño de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "Premio Gallegos del Año para la futbolista Verónica Boquete". El Correo Gallego (en castelán). 31 de decembro de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  3. "Vero Boquete, la mejor futbolista española de la historia". RTVE (en castelán). 22 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de novembro de 2020. 
  4. "El partido más loco de la historia". Marca (en castelán). 6 de novembro de 2019. Consultado o 11 de novembro de 2020. 
  5. "Vero Boquete: la niña que desafió al fútbol". Público (en castelán). 7 de marzo de 2017. Consultado o 11 de novembro de 2020. 
  6. Villarrubia, Begoña (4 de decembro de 2015). "Vero Boquete: “El Barça está haciendo las cosas bien”" (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2020. 
  7. "Verónica, la princesa del fútbol". El País (en castelán). 23 de agosto de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  8. "Vero Boquete: «Crecí sin referentes de jugadoras»" (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  9. Antelo, Iván (29 de febreiro de 2016). "Vero Boquete conquista la décima". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  10. "Café y charla con Vero Boquete" (en castelán). 8 de febreiro de 2019. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  11. "Vero Boquete: "Mi gol frente a Escocia e ir a la Eurocopa fueron los mejores momentos de mi vida"". El Digital de Salamanca (en castelán). 7 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  12. "Vero Boquete: "Siempre creo que las cosas pasan por algo"". El Correo Gallego (en castelán). 11 de setembro de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  13. "El Funeraria se queda otra vez a las puertas del ascenso". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 8 de xuño de 2003. p. 35. 
  14. "El Funeraria Apóstol se queda a las puertas del ascenso". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 13 de xuño de 2005. p. 46. 
  15. "El Aguiño se estrena ante el Pontecaldelas en A Tasca". La Voz de Galicia (en castelán) (Barbanza ed.). 10 de novembro de 2002. p. 12. 
  16. "El Xuventude Aguiño ha logrado un triunfo histórico". La Voz de Galicia (en castelán) (Barbanza ed.). 25 de marzo de 2003. p. 11. 
  17. "El Xuventude Aguiño perdió frente al Lavadores en la final de la Copa celebrada en A Seca". La Voz de Galicia (en castelán) (Barbanza ed.). 13 de maio de 2003. p. 12. 
  18. "Verónica Boquete: "Después de tres años, no me imaginaba que saldría de esta forma"". Heraldo de Aragón (en castelán). 12 de maio de 2008. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  19. "El principio de todo". El Periódico de Aragón (en castelán). 5 de marzo de 2012. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  20. 20,0 20,1 Roldán, Isabel (13 de agosto de 2010). "Vero Boquete ficha por los Chicago Red Stars". As (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2020. 
  21. "FC Gold Pride - Chicago Red Stars". womensprosoccer.com (en inglés). 7 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2020. 
  22. "Chicago Red Stars - Philadelphia Independence". womensprosoccer.com (en inglés). 1 de setembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2020. 
  23. "Goal.com WPS Player Of The Week: Veronica Boquete, Chicago Red Stars" (en inglés). 6 de setembro de 2010. Consultado o 11 de novembro de 2020. 
  24. Antelo, Iván (19 de abril de 2011). "Boquete, la reina del gol". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  25. "Estatísticas de Vero Boquete no Espanyol". bdfutbol.com (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  26. Martínez, Alberto (8 de maio de 2011). "El Rayo se proclama campeón de la Superliga". As (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2020. 
  27. Antelo, Iván (21 de xaneiro de 2010). "Boquete: «En Estados Unidos el fútbol es más de mujeres que aquí»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2020. 
  28. "Táboa de goleadoras WPS 2011". womensprosoccer.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2020. 
  29. "Philadelphia Independence despierta del sueño en los penaltis". Marca (en castelán). 28 de agosto de 2011. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  30. 30,0 30,1 Roldán, Isabel (17 de agosto de 2011). "Boquete, elegida mejor jugadora del año de la WPS". As (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  31. "Vero Boquete: "El destino me hará volver a mi casa"". As (en castelán). 3 de setembro de 2011. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  32. "Bristol - Voronezh". uefa.com (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  33. "Voronezh-Bristol". uefa.com (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  34. "Rossiyanka - Voronezh". uefa.com (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  35. "Vero Boquete, al Tyresö sueco por dos temporadas". As (en castelán). 10 de xaneiro de 2012. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  36. Roldán, Isabel (3 de novembro de 2012). "El Tyresö de Vero Boquete, campeón de la liga sueca". As (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  37. "Vero Boquete, premiada como mejor centrocampista en Suecia". Marca (en castelán). 12 de novembro de 2012. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  38. Roldán, Isabel (1 de abril de 2013). "El Tyresö de Boquete pierde la Supercopa en los penaltis". As (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  39. Menayo, David (22 de maio de 2014). "Wolfsburgo se corona como campeón de la Champions femenina". Marca (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  40. 40,0 40,1 ""Quiero sacarme la espina de ganar la Liga de Estados Unidos"". Marca (en castelán). 4 de agosto de 2014. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  41. "Kansas City, en la final de la NWSL ganando a Portland Thorns" (en castelán). 23 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  42. 42,0 42,1 "Reign’s Kim Little named NWSL 2014 MVP" (en inglés). 28 de agosto de 2014. Consultado o 11 de novembro de 2020. 
  43. Roldán, Isabel (25 de agosto de 2014). "Vero Boquete jugará en el Frankfurt tras su paso por EE UU". As (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  44. "Vero Boquete, primera española en ganar la Liga de Campeones femenina" (en castelán). 14 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  45. "Verónica Boquete gaña a Champions League". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2015. Consultado o 05 de xuño de 2015. 
  46. "Equipo ideal da Liga de Campións 2014-15". UEFA (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2020. 
  47. "Vero Boquete, la primera futbolista española con patrocinador". Economía Digital (en castelán). 29 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  48. "Vero Boquete ficha por el Bayern Münich". Marca (en castelán). 27 de maio de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  49. "Vero Boquete leaves Bayern Munich for Paris Saint-Germain" (en inglés). 8 de xullo de 2016. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  50. "PSG sign Vero Boquete to boost big European dream" (en inglés). 8 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  51. "Vero Boquete: "Me he ido del PSG porque no estaba teniendo minutos"". Mundo Deportivo (en castelán). 7 de febreiro de 2018. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  52. "Vero Boquete: “China me ha dado una experiencia de vida”" (en castelán). 31 de outubro de 2018. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  53. "Vero Boquete pecha a súa etapa en China". La Voz de Galicia. 4 de xaneiro de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  54. "Vero Boquete regresa a Estados Unidos". Mundo Deportivo (en castelán). 4 de xaneiro de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  55. "May Team of the Month". nwslsoccer.com (en inglés). 31 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  56. "Vero Boquete ficha polo Milán e regresa ao fútbol europeo". CRTVG. 9 de novembro de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  57. Menayo, David (15 de novembro de 2020). "Vero Boquete debuta con el Milan en una victoria con aroma a Champions". Marca (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2020. 
  58. Menayo, David (20 de maio de 2021). "Vero Boquete renueva con el Milan por una temporada". Marca (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2021. 
  59. G. Gil, Aimara (6 de xaneiro de 2022). "Vero Boquete ficha por la Fiorentina hasta final de campaña". As (en castelán). Consultado o 4 de xuño de 2023. 
  60. "Vero Boquete renueva por el Fiorentina". DxT Campeón (en castelán). 21 de xullo de 2022. Consultado o 4 de xuño de 2023. 
  61. "El Xuventude Aguiño recibe al Gijón". La Voz de Galicia (en castelán) (Barbanza ed.). 28 de marzo de 2004. p. 12. 
  62. 62,0 62,1 "Vero Boquete, la jugadora que cambió el fútbol femenino español". Vice (en castelán). 23 de xuño de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  63. "Escocia y el gol que cambió la historia de la selección española femenina". Marca (en castelán). 26 de xullo de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  64. "Vero Boquete: "España tiene nivel para estar entre las mejores del mundo"". Marca (en castelán). 6 de xuño de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  65. Méndez, César (12 de marzo de 2018). "Vero Boquete: "¿Los escándalos en la RFEF? Son ejemplos de una manera de trabajar poco profesional y ventajista"" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2020. 
  66. "Sporting Lampón-Nebra y Xuventude Aguiño-Palmeira, duelos de máxima rivalidad local". La Voz de Galicia (en castelán) (Barbanza ed.). 24 de novembro de 2002. p. 12. 
  67. "Seis jugadoras del Aguiño, a la selección gallega para disputar el torneo nacional". La Voz de Galicia (en castelán) (Barbanza ed.). 12 de xaneiro de 2003. p. 12. 
  68. "El combinado femenino resurge de sus cenizas dos décadas después". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de decembro de 2007. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  69. "La selección gallega femenina golea a Illes Baleares 7-1 en Pasarón". Diario de Pontevedra (en castelán). 28 de decembro de 2008. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  70. "Vero Boquete, premiada como mejor centrocampista en Suecia". Marca (en castelán). 12 de novembro de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  71. "Vero Boquete, quinta en la votación a 'Mejor jugadora de Europa'". Marca (en castelán). 6 de agosto de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  72. "Vero Boquete es seleccionada como cuarta Mejor Jugadora de Europa". Marca (en castelán). 12 de agosto de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  73. "Resultados do Balón de Ouro da FIFA 2014" (PDF). FIFA (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  74. "BBC Women's Footballer of the Year award: Asisat Oshoala wins" (en inglés). 26 de maio de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  75. "Carlos Fernández-Nóvoa, Verónica Boquete, Pepe Domingo Castaño, Vaca Films e a Rede Galega contra a Trata, galardoados coa Medalla Castelao 2015". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2015. Consultado o 05 de xuño de 2015. 
  76. Vero Boquete aspira agora a ser mellor futbolista do ano, nova en Praza Pública
  77. "Vero Boquete, Medalla de Bronce de la Real Orden al Mérito Deportivo" (en castelán). 29 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2020. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  78. "Vero Boquete recibiu en Ames o premio de mellor xogadora galega 2014/15 na III Gala do Fútbol Feminino Galego" (en castelán). 5 de xaneiro de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  79. Calvo, Naso (8 de novembro de 2018). "El estadio de San Lázaro llevará el nombre de Vero Boquete". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de novembro de 2020. 
  80. "Unanimidade para dedicar a Verónica Boquete o estadio compostelán de San Lázaro". praza.gal. 8 de novembro de 2018. Consultado o 11 de novembro de 2020. 
  81. "Vero Boquete: "O maior premio é o recoñecemento das miñas compañeiras"". Radio Galega. 17 de decembro de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  82. "Presentadas las embajadoras de fútbol femenino". UEFA.com. Consultado o 2 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar