Selección feminina de fútbol sala de España

equipo nacional de futbol sala de España

A selección feminina de fútbol sala de España representa á Real Federación Española de Fútbol desde 1996.

Historia editar

Este equipo competiu nas seis edicións do Mundial de Fútbol Sala Feminino e acadou título nos anos 2010 e 2013. Non obstante, conseguiu a segunda praza en 2011 e 2013. A maiores, participou nos mundiais de 2010, 2012, 2014 e 2015; nos que gañou a medalla de bronce catro veces.

En setembro de 2018 xogaron os primeiros partidos oficiais no Pavillón Europa de Leganés para intentar ir ao campionato de Europa. No grupo da nosa selección encontrábanse Romanía, Polonia e Italia; seleccións ás que gañaron dunha forma moi ampla[1].

 
Xogadoras da selección española de fútbol sala durante o pre-europeo, xogado en Leganés

O día 17 de febreiro de 2019 foi un día moi importante para recordar na historia xa que a Selección Española feminina acadou a primeira posición no primeiro campionato europeo feminino ao vencer na final a Portugal por un 4-0. Levaban moito tempo preparándose ás ordes da adestradora Clàudia Pons para asistir a dita cita[2].

Xogadoras Dorsal Idade Equipo Posición
Silvia Aguete 1 31 Poio Pescamar FS Gardameta
Marta Balbuena 12 23 Atlético de Madrid Navalcarnero Gardameta
Isa García 6 31 AS Alcorcón FSF Peche
Noelia Montoro 2 21 UCAM Murcia Peche
Mayte Mateo 5 25 Jimbee Roldán FSF Peche
Ana Luján 14 27 Atlético de Madrid Navalcarnero Á
Irene Samper 11 20 AD Alcorcón FSF Á
Ampi 7 33 ASD Citta do Montesilvano Á
Luci 3 27 CD Burela FS Á
Consuelo Campoy 15 24 Jimbee Roldán FSF Á
Berta Velasco 4 31 AE Penya Esplugues Á
Amelia Romero 10 28 Atlético de Madrid Navalcarnero Á-Pivote
Peque 8 31 CD Burela FS Á
Vanessa Sotelo 9 23 AD Alcorcón FSF Pivote

Galicia editar

É moi importante revalorizar tamén as figuras das deportistas galegas que levan loitando durante moito tempo para que a selección chegue ao máis alto. Estas xogadoras son Vanessa Sotelo, Lucía Gómez e Silvia Aguete. Todas elas comparten equipo na primeira división española de fútbol sala feminino, aínda que as súas orixes son de bancadas diferentes.

No caso da ourensá Sotelo, compoñente actual do Alcorcón FSF, foi nomeada mellor xogadora europea do ano e do torneo, no primeiro campionato de Europa no que participaron. Ademais, conseguiron a primeira praza no mesmo[3].

Outro aspecto a destacar é a presenza da tamén galega, Raquel Manteiga Rodríguez, como árbitra deste encontro[4].

Torneo da Vitoria (Moscova) editar

Realizáronse partidos amigábeis entre España, Rusia, Portugal e Irán na cidade de Moscova o pasado maio. A este torneo chamóuselle Torneo da Vitoria.

Respecto ó antigo campionato europeo, Clàudia Pons cambiou un pouco a listaxe, e as xogadoras convocadas pola seleccionadora foron: Marta, Caridad, Isa García, Mayte Mateo, Noelia, Ana Luján, Irene, Luci, Ana, Ampi, Amelia, Peque, Consu e Vane Sotelo[5].

No primeiro amigábel, disputado contra Rusia, a selección gañou pola mínima (2-1), con goles de Vane Sotelo e Isa García. En canto ao segundo partido, contra Portugal, as lusas levaron a vitoria, por 2-4. Por último, este torneo rematou coa vitoria por 0-3 de España contra Irán[6].

Bibliografía editar

Real Federación Española de Fútbol: Convocatoria de la Selección femenina de fútbol sala para los amistosos ante PortugalConsultado Arquivado 23 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine. o 29/04/2019

Notas editar

  1. "Sigue en directo el Rusia vs España del Europeo femenino de fútbol sala". Marca.com (en castelán). 2019-02-15. Consultado o 2019-05-02. 
  2. "España hace historia: primera campeona de Europa de fútbol sala". El Español (en castelán). 2019-02-17. Consultado o 2019-05-02. 
  3. AS, Diario. "Fútbol sala femenino, todas las noticias". AS.com (en castelán). Consultado o 2019-05-02. 
  4. "Real Federación Gallega de Fútbol - Final da copa galega feminina de fútbol sala dirixida por R. Manteiga e E. Nóvoa". futgal.es. Consultado o 2019-05-09. 
  5. Líderas (2019-05-03). "#FUTSAL | España prepara en Las Rozas el X Torneo Internacional de Moscú". Líderas (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-07. 
  6. "CRÓNICA | España se despide de Moscú venciendo a Irán y deseando volver a cruzarse con Portugal (0-3)". cronica-espana-se-despide-moscu-venciendo-iran-y-deseando-volver-cruzarse-portugal-0-3 (en castelán). 2019-05-09. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-09.