Andevoto
Andevoto, en latín Andevotus, morto polo 437, foi un líder militar de probable orixe vándala[1] ao mando dun exército privado que actuou en Hispania ao servizo da poderosa aristocracia terratenente hispanorromana da Bética.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV |
Actividade | |
Ocupación | líder militar |
Descrito pola fonte | Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) |
Traxectoria
editarNo ano 437, participou nunha batalla nas beiras do río Genil, onde se enfrontou ao rei suevo Requila. Este venceu, facéndose cun gran botín en ouro e prata.[1][2]
Hipóteses sobre a orixe
editarAínda que a súa orixe non está clara, para uns era un xeneral romano e para outros era un caudillo vándalo que non seguira a Xenserico cando este pasou a África no 429.[3] Neste caso, a denominación de Andevoto sería a latinización do antropónimo xermánico Anduit, de orixe vándala ou ostrogoda.[3]
Segundo Isidoro de Sevilla, Andevoto era o líder militar dos exércitos romanos (dux Romanae Militiae) afincados en Hispania.[4] Con todo, o bispo de Híspalis non é recoñecido como a fonte máis fiable para os acontecementos acaecidos en Hispania no século V. Segundo E.A. Thompson, seria un comes Hispaniarum enviado a Hispania pola corte de Rávena,[5] enviado ao mesmo tempo có conde Censorio, para pór remate aos ataques dos suevos na Bética.
Doutra opinión é Hidacio, quen opina que ía cum sua manu. Esta hipótese é refrendada por Sanz quen interpreta a frase como tropas dependentes del mesmo.[6] Segundo isto, é posíbel que actuase en Hispania cun exército propio contratado pola poderosa nobreza hispanorromana para se defenderen dos ataques e saqueos xermánicos.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Cawley, Charles; FMG (2021). "Medieval Lands". fmg.ac (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2021.
- ↑ Hidacio, Chronicon XIV (en latín)
- ↑ 3,0 3,1 Martindale (1980), p. 86
- ↑ Isidoro de Hispalis, Historia Suevorum, 85 (en latín)
- ↑ Thompson (1982), p. 220
- ↑ Sanz (1986), p. 260
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martindale, J.R. (1980). The prosopography of the later Roman Empire (en inglés). II (395 - 527). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0521201594.
- Sanz, Rosa (1986). "Aproximación al estudio de los ejércitos privados en Hispania durante la antiguedad tardía". Gerión (Madrid: Editorial de la Universidad Complutense de Madrid,) (4): 225–264. ISSN 0213-0181.
- Thompson, Edward Arthur (1982). Romans and Barbarians : The Decline of the Western Empire (en inglés). Madison: University of Wisconsin Press. ISBN 9780299087043.
Ligazóns externas
editar- Isidoro de Hispalis, Historia de regibus gothorum, wandalorum et suevorum (en The Latin Library) (en latín)
- Hidacio, Chronicon (en latín)