Remixio de Reims

arcebispo e santo francés


Remixio de Reims[1] (en francés: Remi de Reims), nado en Cerny-en-Laonnois en 437 e finado en Reims o 13 de xaneiro de 533, é un santo da Igrexa católica, bispo de Reims durante 70 anos e apóstolo dos francos. É considerado como o precursor do cristianismo en Francia ao bautizar a Clodoveo I, o primeiro rei dos francos convertido ao cristianismo, e ser o seu confesor.

Infotaula de personaRemixio de Reims
Nome orixinal(fr) Remi de Reims Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento437 Editar o valor em Wikidata
Cerny-en-Laonnois Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xaneiro de 533 Editar o valor em Wikidata (95/96 anos)
Reims Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Reims
Abadia de Saint-Remi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arcebispo católico
459 – – Wulfar (en) Traducir →
Diocese: Arquidiocese de Reims (pt) Traducir
Bishop of Reims (en) Traducir
533 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , bispo católico , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa15 de xaneiro Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosHelaria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPrince de Soissons (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Remixio é un dos patróns católicos secundarios de Francia, como san Martiño de Tours, san Denís de París, santa Xoana de Arco e santa Tareixa de Lisieux.

Traxectoria editar

Segundo a tradición, Remixio naceu no sitio de Cerny-en-Laonnois, preto da cidade de Laon cara ao ano 437 nunha familia da alta sociedade galo romana.

Desde moi temperá idade foi considerado un dos mellores oradores da súa época.[2] Estudou literatura, ordenouse sacerdote e aos 22 anos foi elixido bispo de Reims; o seu irmán Principius xa era bispo de Soissons, e ambos sostiveron correspondencia co gran poeta cristián Sidonio Apolinar.

 
Placa de relevo en marfil, Reims, último cuarto do século IX. Escenas da vida de San Remixio de Reims no Museo de Picardía

Tras o matrimonio de Clodoveo I, rei dos francos salios, con Clotilde, ela insistiulle en convertelo ao catolicismo, pero non accedeu ao seu consello ata que, durante a batalla de Tolbiac contra os alamanos (496) decidiu invocar a Cristo e obtivo a vitoria. O 25 de decembro dun ano comprendido entre 496 e 506, o rei e 3000 guerreiros francos do seu exército foron bautizados por Remixio. Deu inicio, entón, á tradición católica da monarquía francesa e obtivo o apoio do clero para a expansión do seu reino. A partir de Henrique I en 1027, todos os reis de Francia foron consagrados en Reims (salvo Lois VI, Enrique IV e Lois XVIII). Aínda que a tradición asegura que boa parte do mérito da conversión se debeu a Remixio, a biografía de San Vedasto de Arrás (máis coñecido como Gastón de Arrás) afirma que tamén contribuíu este personaxe á conversión; pero Gregorio de Tours non o menciona.

Segundo unha tradición, ao faltar o santo óleo para unxir o bautismo do rei, un anxo apareceu en forma de pomba e transformouse nunha bocha de santo óleo que desde entón se utilizou para unxir os reis de Francia. San Remixio pronunciou unha soada frase: «Courbe a tête, fier Sicambre, abaisse humblement ton cou. Adore ce que o tu as brûlé et brûle ce que o tu as adoré», isto é: "Inclina a cabeza, fero sicambre, baixa humildemente o teu pescozo. Adora o que queimaches e queima o que adoraches". Clodoveo I concedeulle varias terras onde Remixio ordenou consagrar varias igrexas. Non asistiu a ningún concilio francés e fíxose representar no de Orleáns de 511.

Remixio foi soterrado na pequena igrexa de Saint-Christophe, hoxe actual basílica de Saint-Remi. En 852, Hincmar, autor tamén da principal das súas biografías, procedeu a reunir as súas reliquias, das que levou unha parte mínima a Sainte-Marie de Reims. A caixa levou a Épernay ao abrigo das invasións normandas en 882 e foi devolta solemnemente en xuño de 883 a Sainte-Marie. En 900, o arcebispo Hervé devolveu as reliquias a Saint-Remi, onde foron veneradas até a Revolución Francesa. O corpo do santo conservouse intacto.

Culto editar

A festa de San Remixio celébrase en Francia o 15 de xaneiro e o 13 no martiroloxio romano. Na diocese de Reims, festéxase o un de outubro conforme unha tradición local que se remonta ao fin do século VI.

En Galicia é padroeiro de tres parroquias na diocese de Lugo. O seu culto nesta zona quizais se deba ao influxo do camiño de Santiago.[3]

Notas editar

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-02. 
  2. San Remigio, ETWN, URL último acceso el 05/03/2008.
  3. culturagalega.org (2012-03-15). "O culto aos santos en Galicia presenta peculiaridades no contexto peninsular". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2023-12-02. 

Véxase tamén editar