Hermanfredo (tamén Hermanifrid ou Hermanafrid; en latín: Hermenfredus) foi o último rei independente dos Turingii. Foi un do tres fillos do rei Basino e de Basina. Os seus irmáns foron Baderico; Radegunda (a maior), casada co rei longobardo Wacho, e Berthar.

Infotaula de personaHermanfredo
Biografía
Nacementoséculo V Editar o valor em Wikidata
Morte534 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Zülpich Editar o valor em Wikidata
Rei
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor em Wikidata
FamiliaAmalos Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAmalaberga
Bisina (?) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAmalafredo (pt) Traducir
 () Amalaberga
Rodelinda
 () Amalaberga Editar o valor em Wikidata
PaisBasino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Menia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsBaderico (pt) Traducir, Bertachar (en) Traducir, Audofleda (pt) Traducir e Radegunda, a Velha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Thuringia-104

Traxectoria editar

Hermanfredo casou, entre 507 e 511, con Amalaberga, filla de Amalafrida, quen era filla do rei ostrogodo Teodomiro. Amalaberga tamén era sobriña de Teodorico o Grande. Non está claro cando se converteu en rei, aínda que nunha carta de Teodorico datada en 507 xa era nomeado rei (rex thoringorum). Inicialmente compartiu o trono cos seus irmáns, pero en 529 matou o seu irmán Berthar en batalla.

Segundo Gregorio de Tours, foi Amalaberga a que instigó a Hermanfredo contra o seu irmán. Pero Amalaberga non se deu por satisfeita e seguiu instigando ao seu marido contra o seu outro irmán. Sempre segundo Gregorio de Tours, nunha ocasión Amalaberga puxo só a metade da mesa para comer. Cando Hermanfredo lle preguntou a causa daquilo, ela contestoulle que: «un rei que só é dono da metade do seu reino só merece a metade da mesa». Hermanfredo meditou sobre iso e decidiu pactar co rei Teodorico I de Austrasia para marchar xuntos contra o seu irmán Baderico. Baderico foi derrotado polos francos e decapitado, pero Hermanfredo negouse a cumprir o seu parte do pactado con Teodorico, nacendo unha profunda inimizade entre eles.

En 531, Teodorico, o seu fillo Teodeberto e o seu medio irmán o rei Clotario I atacaron o reino turinxio.[1] Os francos venceron na batalla cerca do río Unstrut[2] e tomaron o palacio real de Scithingi (o actual Burgscheidungen). Hermanfredo tratou de fuxir, mais os francos capturárono xunto á súa sobriña Radegunda e aos seus sobriños (ver a obra de Venancio Fortunato, De excidio Thoringae).

Trala vitoria semellou que a xenreira que os enfrontaba desaparecera, e Teodorico proporcionou a Hermanfredo un salvoconduto ordenándolle que se dirixise a Zülpich, e colmouno de agasallos. Pese ao salvoconduto, alguén atacou a Hermanfredo dende as murallas de Zülpich e morreu.[3] Gregorio de Tours menciona que certas persoas se aventuraron a suxerir nese momento que todo fora unha trampa de Teodorico.

Radegunda foi casada á forza co rei Clotario I, aínda que a esposa de Hermanfredo, Amalaberga, fuxiu cos seus fillos Amalafredo e Rodelinda xunto aos seus familiares ostrogodos, sendo capturados polo xeneral bizantino Belisario e enviados a Constantinopla. Alí Amalafredo converteuse en xeneral imperial e Rodelinda foi obrigada a casar co rei longobardo Audoíno.

O reino turinxio chegou ao seu fin con Hermanfredo. A rexión ao leste do río Saale foi ocupada por tribos eslavas, mentres que o norte de Turinxia foi ocupado polos saxóns.

A caída da dinastía turinxia foi obxecto de varios tratados épicos, sendo o mellor coñecido deles o Rerum gestarum saxonicarum libri tres de Viduquindo de Corvey, sobre o mito da fundación saxoa, escrito en 967.

Sobre as fontes editar

A principal fonte desta época é Gregorio de Tours, pero pola súa orixe, representa o punto de vista dos francos. Viduquindo de Corvey é bastante posterior e incorpora nos seus relatos moitos elementos de lenda que se foron incorporando nos séculos posteriores. Pola súa banda, Procopio de Cesarea só menciona os sucesos que escuetamente afectaron a Italia.

Notas editar

  1. Procopio de Cesarea (2007), p. 127.
  2. Gregorio de Tours, Historia de los francos, libro III
  3. Oman (1908), p. 114.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar