Teodeberto I, nado cara ao 500 e finado no 547 ou 548, (en francés Thibert I ou Théodobert I e en alemán Theudebert I) foi rei merovinxio de Austrasia desde 533 a 548. Tiña a súa residencia en Reims.

Infotaula de personaTeodeberto I

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Theudebert I Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 500 Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte548 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Ataque animal Editar o valor em Wikidata)
Rei dos francos
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino franco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei dos francos (533–547) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Merovinxia Editar o valor em Wikidata
CónxuxeDeuteria
Wisigarda Editar o valor em Wikidata
FillosTeodebaldo, rei dos francos
 () Deuteria
Bertoara (pt) Traducir
 () Wisigarda Editar o valor em Wikidata
PaisTeodorico I, rei franco Editar o valor em Wikidata  e Ne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsThéodechilde (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Merovingian-65

Fillo do rei franco Teodorico I de Austrasia. Casado en 533 con Deuteria, unha galo-romana. Posteriormente abandona a Deuteria para casar con Wisigarda (filla de Wacho, rei dos longobardos). Estivo casado probabelmente cunha terceira muller, cuxo nome se descoñece. Tivo un fillo, Teodebaldo (533/535555), do seu primeiro matrimonio e unha filla, Berthoara, da súa segunda muller.

No ano 532 Teodeberto completa, xunto con Gontario (fillo de Clotario I) a reconquista dos territorios situados ao sur de Aquitania, tidos polo seu avó Clodoveo I e que foran tomados polos visigodos á morte de Clodoveo. Á morte de Teodorico I a finais do 533, Teodeberto herda as posesións do seu pai, prevalecendo con axuda dos magnates do seu reino contra as reclamaciones dos seus tíos Childeberto I e Clotario I. Entón Khildeberto (que quedara sen descendencia) alíase co seu sobrino e divídese con el a herdanza de Clodomiro en Borgoña. Pouco despois disto adopta a Teodeberto como lexítimo herdeiro.

Os reis merovingios uníronse para loitar contra os ostrogodos, aliándose así mesmo cos xépidos e os longobardos (Teodeberto casou con Wisigarda, filla do rei longobardo). Teodeberto arrebatou as provincias de Nórico e da Recia aos ostrogodos. Tomaron grandes zonas de Venecia en 545, aproveitándose das loitas entre os ostrogodos e o emperador bizantino Xustiniano I. En calquera caso Teodeberto evitou a confrontación co Emperador Bizantino. O historiador bizantino Procopio de Cesarea conta que as tropas francas se comportaron de forma bárbara en Italia e que mesmo chegaron a sacrificar xente; os ostrogodos, pobo emparentado cos francos, non esquecerían xamais a invasión franca, en palabras do historiador.

Foi o primeiro monarca merovinxio que acuñou moeda de ouro coa súa imaxe.

Teodeberto morreu no décimo cuarto ano do seu reinado (a finais do 547 ou comezos do 548). Sucedeuno o seu fillo Teodebaldo I.