Xisulfo I de Friúl

Xisulfo de friúl, finado cara ao ano 581, foi un nobre longobardo, duque de Friúl.

Infotaula de personaXisulfo I de Friúl

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Gisulfus I Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor en Wikidata
Morte581 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque de Friúl (década de 560–década de 590) Editar o valor en Wikidata
FamiliaGausos Editar o valor en Wikidata
FillosXisulfo II de Friúl, Grasulfo II de Friúl Editar o valor en Wikidata
PaiGrasulfo de Friúl e Bruder oder Schwester (?) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Friuli-34

Traxectoria

editar

Era sobriño de Alboíno, o primeiro rei longobardo de Italia (era fillo do seu irmán Grasulfo). Antes de obter o título e de se establecer en Cividale do Friúl fora marpahis (escudeiro) do tío.

Logo da entrada dos longobardos en Italia, Alboíno instituíu en Cividale (daquela chamada Forum Iulii) o primeiro dos ducados nos que se había organizar o reino longobardo e confioullo ao seu sobriño. Nacía así o Ducado de Friúl. Segundo Paulo Diácono Xisulfo rexeitaría o cargo se Alboíno non lle consentise escoller as faras coas que se asentaría permanentemente na rexión[1].

Foi Xisulfo o primeiro duque?

editar

Existe unha controversia sobre quen foi realmente o primeiro duque de Friúl: Segundo Paulo Diácono este foi Xisulfo, pero hai que di que realmente o primeiro foi Grasulfo.

  1. Paulo Diácono, Historia Langobardorum, II, 9.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar