Elixio Villaverde

historiador galego
(Redirección desde «Elixio Villaverde García»)

Elixio Villaverde García, nado no Irixo o 6 de abril de 1954 e finado en Santiago de Compostela o 14 de setembro de 2018, foi un historiador galego.

Infotaula de personaElixio Villaverde
Biografía
Nacemento6 de abril de 1954 Editar o valor em Wikidata
O Irixo, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de setembro de 2018 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese La emigración gallega a México, 1878-1936, exerceu a docencia no ensino secundario. Concluíu a súa actividade docente no IES de Cacheiras. Colaborou en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, El Correo Gallego, La Región e Excelsior (México). Publicou artigos e recensións sobre temas migratorios na Gran Enciclopedia Gallega, Xerme (Caracas), Olláparo, Grial, A Trabe de Ouro. Desde 1973 desenvolveu iniciativas culturais como presidente da asociación Xoves Culturais do Barbanza (1988-1992) e promoveu a revista A Caramecha.

Obras editar

  • A Terra de Orcellón e O Irixo, 1986.
  • Ramón Martínez López. Pola universalidade de Galicia, 1992 (con Xosé Amancio Liñares Giraut).
  • Heroes e Mártires. A IIª República e a Guerra Civil no Barbanza, 1996.
  • Pioneiros na corrente do golfo, 2001.
  • Gallegos en México (1878-1936). Inmigración e sociedade no alén mar, 2003.

Investigacións editar

  • O patrimonio cultural galego en México.
  • Os galegos no estado e na cidade de Puebla á luz do Rexistro Nacional de Estranxeiros.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar