Jūrmala
Coordenadas: 56°58′00″N 23°45′00″L / 56.96667, -23.75000
| |||||
Topónimo oficial | Jūrmala | ||||
País | Letonia | ||||
Superficie | 100 km² | ||||
Fundación | 1785 | ||||
Poboación: | |||||
- Total | 57.371 (2016)[1] | ||||
- Densidade | 573,7 h/km² | ||||
Presidente | Gatis Truksnis (2011) | ||||
Páxina web | Jurmala.lv |
Jūrmala [juːrmala] (axuda · info), significa litoral ou praia, é unha cidade autónoma de Letonia situada a 25 Km ao NE da capital do país, Riga. Forma unha faixa costeira de 32 Km de longo e 3 Km de ancho situada entre o Golfo de Riga e o río Lielupe.
As praias de Jūrmala son famosas pola súa area de cuarzo branco e o ámbar.
A cidade de Jūrmala componse dunha serie de pequenos centros turísticos. De oeste a leste, son: Kemeri, Jaunkemeri, Verso, Kauguri, Vaivari, Asari, Melluzi, Pumpuri, Jaundubulti, Dubulti, Majori, Dzintari, Bulduri e Lielupe.
A cidade é unha das dúas residencias do presidente da República de Letonia, a casa-museo de John Rainis e a súa esposa, a poetisa Aspasia.
Na sala de concertos "Dzintari" anualmente celébrase o Music Festival KVN e a competición internacional de mozos cantantes New Wave, o festival Jurmalina habla Anshlag e outros concertos e festivais.
Os visitantes poden acceder a Jūrmala dende Riga en tren de proximidades (30 min) ou por estrada en coche (20 min). Dende 2008 Jūrmala e o aeroporto de Riga están conectados cun servizo de autobús. Os visitantes con vehículos privados deben pagar 1 LVL por cada día que pasen en Jūrmala.
HistoriaEditar
Na época do bispo Albrecht (1165-1229) a península de Jūrmala estaba cuberta por fragas. O Duque Jacob tiña os seus propios plans para Lielupe, quería construír un canal que conectase co mar en Lielupe Sloka, para facilitar o desprazamento en buques na capital Mitau. O proxecto quedou sen concretarse.
O primeiro lugar para o baño organizouse en Dubulti. Outra parte antiga de Jürmala é Sloka, recibiu o status de colonia en 1785, e de cidade en 1878. Sloka creceu pola fábrica de papel que funcionou dende 1896 a 1990.
A zona que agora comprende a cidade de Jūrmala era antes parte de Riga, era coñecida como Rīgas-Jūrmala. Algunhas partes da zona, como Sloka e Kemeri, coñécense como balnearios dende fai séculos. Jūrmala en alemán era chamada Riga-Strand, a "Praia de Riga".
Jūrmala tiña fama como destino de spa dende finais do século XVIII. Os terratenentes ricos comenzaron a tradición de relax na praia, e os oficiais do exército ruso ían descansar alí despois das guerras napoleónicas, regresando máis tarde cas súas familias. O máximo desenvolvemento da zona de Jūrmala foi coa apertura da liña de ferrocarril Riga-Tukums en 1877 (aínda pasa por Jūrmala) o que deu un grande impulso ao número de visitantes, e polo tanto un impulso ao desenvolvemento da cidade coma un complexo turístico. Jūrmala tamén gañou unha reputación como sanatorio. A brisa mariña, o arrecende dos pinos, as fontes de auga mineral, e a praia de arena axudou a crear sanatorios na cidade.
Na época soviética, durante a ocupación de Letonia despois da segunda guerra mundial, Jūrmala era un destino popular entre os funcionarios do partido comunista debido a súa proximidade a Moscova das súas praias, sanatorios e ao bo clima no verán. As vacacións pagadas eran recompensas para membros dos sindicatos máis importantes. Converteuse nun dos destinos turísticos máis populares de toda a Unión Soviética. Os balnearios ofrecían instalacións de baños de barro, terapia a cabalo e sendeirismo polos bosques. En verano había moitos concertos.
Jūrmala pasou a ser oficialmente cidade en 1959. A liña ferroviaria electrificouse e na actualidade hai servizo de tren regular a Riga.
Mentres Riga vai avanzando rapidamente para atraer a un número crecente de turistas occidentais, Jūrmala quedou atrás, descoñecida. Os rusos están agora suxeitos a estritos requisitos de visado. Importantes grupos turísticos europeos teñen unha dura tarefa que facer na súa promoción. Durante os últimos anos Jūrmala comenzou a recuperarse. Moitas celebridades rusas, homes de negocios de éxito decidíronse pola compra de casas cerca da praia como segunda residencia e lugar de vacacións no verán, fanse festivais e outras actividades para atraer a máis e máis xente á cidade cada verán. Jūrmala case acadou a popularidade que tiña coa elite soviética.
PraiaEditar
Os 32 Km da costa son praias de areas finas e brancas composta de cuarzo. Durante as tormentas á costa chegan anacos de ámbar e moitas cunchas. A finais de xaneiro e principios de febreiro, o Golfo de Riga polo xeral conxélase, na praia a miúdo fórmanse grandes montañas glaciais que atraen a gran cantidade de espectadores.
A profundidade media no Golfo é de 26 m, o punto máis fondo é de 60 m. Ao longo da costa, a agua é pouco profunda. O fondo está cuberto na maior parte de area. O vento forte do oeste, trae á costa auga quente, así como ondas de ata 5 metros. A salinidade na baía é inferior á metade do Mar Báltico. As dunas costeiras separan a praia do cinto forestal que vai paralelo á costa, ata unha elevación de 17 m.
DemografíaEditar
A 1 de xaneiro de 2011, a poboación da cidade era de 56.060 persoas.

1897 | 1925 | 1935 | 1943 | 1959 | 1979 | 1989 | 1991 | 1997 | 2011 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación[3] | 2114 | 10786 | 13663 | 12653 | 37954 | 60943 | 60600 | 61041 | 58977 | 56060 |
ClimaEditar
Clima en Jūrmala | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura media máxima (°C) | -2 | -2 | 3 | 10 | 17 | 21 | 23 | 21 | 16 | 11 | 4 | 0 | |
Temperatura mínima media (°C) | -8 | -7 | -4 | 1 | 6 | 11 | 14 | 13 | 12 | 4 | 0 | -5 | |
Precipitacións (mm) | 33 | 25 | 31 | 39 | 43 | 61 | 79 | 79 | 76 | 60 | 61 | 49 | |
Temperatura da auga (°C) | 0 | 0 | 1 | 5 | 11 | 17 | 21 | 23 | 19 | 15 | 10 | 5 | |
Fonte: Slavi.ru (en ruso) |
Cidades irmandadasEditar
Jūrmala está irmandada con:
NotasEditar
- ↑ "«Latvijas iedzīvotāju skaits pašvaldībās pagastu dalījumā»" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de outubro de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2012.
- ↑ Enciklopēdija "Latvijas pilsētas". Rīga 1999. (en letón)
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jūrmala |
Ligazóns externasEditar
- Páxina Oficial
- dmoz.org Información sobre Jūrmala Arquivado 25 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.