Plano piloto
O Plano Piloto de Brasilia, no Distrito Federal, foi proxectado por Lúcio Costa, vencedor do concurso de 1957 do proxecto urbanístico para a Nova Capital do Brasil. A forma do plano está inspirado nunha cruz[1]. O formato da área compárase, comunmente, co plano dun avión, aínda que Lúcio Costa defendeu a tese de que a Capital Federal podía compararse cunha bolboreta.[2][3]
O proxecto consistiu basicamente nun eixo central (chamado popularmente Eixão ou Eixo Rodoviário) no sentido norte-sur; e un Eixo Monumental, no sentido leste-oeste. A creación arquitectónica dos monumentos centrais foi deseñada por Oscar Niemeyer. O Eixo Rodoviário está formado polas Ás Norte e Sur, e por unha parte central, onde se encontran as "ás" que forman a estrada principal. Nas "ás" creáronse os grandes quinteiros residenciais, os quinteiros comerciais e os entre-quinteiros de lecer (onde tamén hai escolas e igrexas). O Eixo Monumental componse da "Esplanada dos Ministérios" e da Praza dos Tres Poderes, ao leste; da estación de autobuses, sectores das autoridades, comerciais, lecer e hoteleiros, no centro; e da Torre de TV de Brasilia, do sector deportivo, estadio Mané Garrincha, autódromo e Praza Burití, ao oeste.
O nome de Plano Piloto, orixinariamente atribuído ao proxecto urbanístico da cidade, pasou a ser o nome para designar toda a área construída segundo este plano inicial. Hoxe, o Plano Piloto e o Parque Nacional de Brasilia constitúen a chamada Rexión Administrativa I (Brasilia), denominada comunmente como Brasilia[4].
O Plano Piloto, denominado como Brasilia, é Patrimonio Mundial da Humanidade dende 1987[5].
Galería
editarNotas
editar- ↑ Guía de Brasilia - histórico Memorial do Plano Piloto de Brasília Arquivado 17 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ A História de Brasília: Um pouco sobre Lucio Costa Arquivado 25 de xuño de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ Os primeiros passos da capital Arquivado 27 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.. SECOM - Secretaria de Comunicação da Universidade de Brasília (UnB)
- ↑ "O que é "Brasília" e o que é "Distrito Federal"?". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2005. Consultado o 29 de xullo de 2005.
- ↑ [1]