Distrito Federal, Brasil
O Distrito Federal é unha das vinte e sete unidades federativas do Brasil. Está situado na Rexión Centro Oeste e limita co estado de Goiás ao sur, oeste, norte e leste e Minas Xerais a sueste. Está dividido en 31 rexións administrativas e a súa área total é de 5.801,937 km², sendo así a menor unidade federativa brasileira. No seu territorio, está localizada a capital federal do Brasil, Brasilia, que é tamén a sede de goberno do Distrito Federal.
Distrito Federal | |||
---|---|---|---|
| |||
Himno: Hino do Distrito Federal | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Brasilia | ||
• Poboación | 2 609 997 (2011) | ||
Lingua oficial | Portugués | ||
Forma de goberno | Distrito Federal | ||
Gobernador (Governador) | Agnelo Queiroz (PT) | ||
Fundación | 1955 | ||
Superficie | Posto 27º | ||
• Total | 5.801 km² | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 20º | ||
• Total | 2 648 532 (2012 est.) hab. | ||
• Densidade | 460 hab./km² | ||
Fuso horario | BRT (UTC-3) | ||
• Horario de verán | BRST (UTC-2) | ||
Dominio de Internet | .br | ||
Código ISO | BR-DF | ||
Estados do Brasil | |||
O actual Distrito Federal foi ideado a través dun proxecto do entón presidente Juscelino Kubitschek de mudar a capital nacional de Río de Xaneiro cara o centro do país. Até a creación de Brasilia, antes de Río de Xaneiro, a capital era Salvador.[1] No período colonial brasileiro (1500-1815), a área formaba parte da Capitanía de San Xurxo dos Ilhéus, baixo a rexencia de Jorge de Figueiredo Correia. Porén, co fin das capitanías no Brasil, xurdiron diversas cidades na rexión, incluíndo Ilhéus e, máis tarde, a propia Brasilia, construída por iniciativa do presidente brasileiro Juscelino Kubitschek.[2]
NotasEditar
- ↑ Guía do Turista (2010). "Distrito Federal - Presentación". Guía do Turista (en portugués). Consultado o 4 de febreiro de 2012.
- ↑ "HJO Brasil". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 04 de setembro de 2018.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Distrito Federal, Brasil |