Río Orange
O río Orange é o segundo río máis importante do sur de África despois do río Zambeze e o máis importante da república de Suráfrica. Nace nos montes Drakensberg en Suráfrica[1] e percorre a fronteira entre este país e Lesotho, a uns 193 km da costa do océano Índico. O río Orange encamíñase non obstante cara ao oeste, nun percorrido de 2.200 km, trazando a fronteira meridional da Provincia do Estado Libre. Posteriormente discorre delimitando a fronteira entre Namibia e Suráfrica e desemboca no océano Atlántico na cidade de Alexander Bay, a metade de camiño entre Walvis Bay e Cidade do Cabo.
Orange | |
---|---|
![]() Serán no Río Orange cerca de Upington. | |
País | Suráfrica, Namibia e Lesoto |
Nacemento | Montes Drakensberg |
Lonxitude | 2.090 Km |
Conca | 973.000 km² |
Desembocadura | Océano Atlántico |
O seu afluente máis destacado é o río Vaal, que tamén nace na cordilleira Drakensberg, ao leste de Xohanesburgo e forma a fronteira entre o Transvaal e o Estado Libre, antes de unirse co Orange ao sueste de Kimberley. Tras unirse co Vaal, o Orange percorre os terreos áridos e salvaxes do sur da rexión de Kalahari e Namaqualand.
Durante os últimos 800 km do seu curso recibe moitos regueiros intermitentes e varios wadis. O volume do caudal redúcese considerablemente debido á evaporación. Na estación de chuvias, o Orange convértese nun impetuoso torrente.
O río é un dos que leva máis arrastres de terras no mundo, estimándose nuns 60 millóns de toneladas anuais.[1] No seu percorrido alimenta o encoro de Gariem (Gariem Damp), cun muro de 88 m de altura e 900 m de lonxitude cerrando o lago artificial duns 360 km2.[1]
O río foi descuberto por europeos en 1760 e foi bautizado co nome da Casa de Orange dos Países Baixos arredor de 1777-79.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Earth from Space: Gariep Dam, South Africa". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-03-26.