Río Cunene
Coordenadas: 17°5′20″S 11°45′08″L / -17.08889, -11.75222
O río Cunene (en ortografía de Angola), ou río Kunene (en ortografía de Namibia), é un longo río do suroeste da África austral, que flúe desde as serras de Angola cara a Namibia, país co que forma fronteira no seu treito inferior, ata desembocar no océano Atlántico
Río Cunene | |
---|---|
Río Cunene | |
País | Angola Namibia |
Continente | África |
Nacemento | Altiplano central de Angola |
Altitude | nacemento (n/d) |
Lonxitude | 1 126 km |
Conca | 106 560 km² |
Caudal medio | 174 m³/s |
Desembocadura | Océano Atlántico |
Altitude desembocadura | 0 m |
Localización do río Cunene En negro, treito en que fai fronteira entre Angola e Namibia | |
É un dos poucos ríos permanentes da rexión. Ten unha lonxitude de 1 050 km, unha conca de 106 560 km² e un caudal medio anual de 174 m³/s na súa desembocadura.[1]
No río encóntranse as cataratas Epupa (en inglés, Epupa Falls; en portugués, Quedas do Monte Negro), cataratas localizadas no treito fronteirizo do río.
Alí, o río ten 0,5 km de ancho e cae por unha serie de fervenzas nun treito de 1,5 km, sendo a caída maior de 20 m.
O encoro de Epupa
editarO goberno de Namibia pretende construír sobre o río o encoro de Epupa. Esta é unha controvertida presa hidroeléctrica, que pode danar o ecosistema local e a base socioeconómica dos himba.
Notas
editar- ↑ Nakayama, Mikiyasu (2003). International Waters in Southern Africa (PDF). United Nations University Press. pp. 9. ISBN 9-2808-1077-4.