O Movemento Popular de Liberación de Angola ou MPLA é o partido político que goberna Angola dende a súa independencia en 1975.

Bandeira do Movemento Popular de Liberación de Angola, inspiradora da Bandeira de Angola.

Foi fundado en 1956 despois da fusión do Partido da Luta Unida dos Africanos de Angola (PLUA) co Partido Comunista Angolano (PCA). Outros partidos fundíronse despois, como o Movemento para a Independencia Nacional de Angola (MINA) e a Frente Democrática de Liberación de Angola (FDLA).

En 1975 tres partidos reivindicaban a independencia de Angola, o MPLA, a UNITA (Unión Nacional para a Independencia Total de Angola) e a Frente Nacional para a Liberación de Angola (FNLA). Destes, o MPLA tiña orientación marxista e estaba apoiado pola URSS. Agrupara, desde finais dos anos 50 e principios dos 60 as principais figuras do nacionalismo angolano, entre estudantes no exterior, sobre todo en Portugal e loitadores contra o colonialismo que fuxían do interior de Angola.

Dirixido por Antônio Agostinho Neto, o MPLA organizou e dirixiu a loita armada contra o colonialismo. Terminada a loita de liberación, a seguir o 25 de abril en Portugal, o MPLA proclamou a independencia do país, sen que tivese acontecido a pacificación interna coa FNLA e a UNITA. É frecuente ligar o MPLA á rexión de Kumbundo, tendo sido, porén o movemento angolano que máis aproveitou e incentivou o sentido nacional. Á súa dirección pertencían elementos non orixinarios do grupo dominante e o movemento non tiña as connotacións tribais e racistas atribuídas aos outros días. Por causa disto recibiu o apoio maioritario durante a transición para a independencia do país.

O MPLA gobernou Angola como partido único até a apertura política en 1991. No ano seguinte venceu nas primeiras eleccións, mais esa vitoria non foi aceptada e o país entrou en guerra civil.

Hoxe, o MPLA é un partido ex-marxista e politicamente constitúe algo entre a socialdemocracia e o socialismo. O seu mandato vese agora prolongado polas Nacións Unidas até que se consideren creadas as condicións para a realización das próximas eleccións. Depende da realización dos acordos asinados entre o goberno e a Unita en Lusaka visando o fin da guerra que aínda hoxe ameaza o país.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar