Bandeira de Angola

A bandeira de Angola está dividida horizontalmente en dúas metades, unha franxa superior vermella e unha parte inferior negra. A cor vermella simboliza o sangue caído polo pobo durante a loita pola independencia e o negro simboliza ó continente africano.

Bandeira de Angola
Bandeira de Angola
Características
Uso
Proporción2:3[1]
Adopción11 de novembro de 1975[2]
Cores     Vermello (R:206 G:17 B:38)     Negro (R:0 G:0 B:0)     Amarelo (R:249 G:214 B:22)

O símbolo do centro, en cor amarelo, componse dunha roda dentada entrecruzada cun machete e unha estrela. A roda dentada representa ós traballadores industriais, o machete ós campesiños agricultores, e a estrela o progreso e a solidariedade internacional.

Baseada na bandeira do Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA), os símbolos son reminiscencias da fouce e martelo da Bandeira da Unión Soviética.

Nova bandeira propostaEditar

No 2003 propúxose unha nova bandeira nacional para Angola. Está composta por 5 franxas horizontais en tons azul, branco e vermello. As dúas franxas azuis, nos extremos superior e inferior, representan a xustiza, a solidariedade e a liberdade; as dúas franxas en branco, contiguas ás anteriores, simbolizan a paz, a unidade e a harmonía, mentres que a franxa central en vermello representa o sacrificio, a tenacidade e o heroísmo. No centro, sitúase o debuxo dun Sol de 15 raios e tres círculos non concéntricos, similar ós debuxos atopados na cova de Tchitundo-Hulu, na Provincia de Namibe, e que representa o patrimonio cultural angolano.

O 28 de agosto daquel ano foi aprobada pola Comisión Constitucional. Porén, existe un movemento popular en contra desta bandeira, a cal só poderá ser oficializada cando se estableza unha Asemblea Constituínte.

Outras bandeirasEditar

NotasEditar

  1. Flags of the world (2nd ed.). Buffalo, Nova York: Firefly Books. 2012 [2003]. p. 26. ISBN 978-1-77085-157-3. 
  2. Flags: The visual guide to more than 300 flags from around the world. Nova York: Dorling Kindersley. 1998. p. 96. ISBN 0-7894-4224-8. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar