Lingua umbundu
lingua bantú
O umbundu, ou mbundu do sur (autónimo úmbúndú), é unha das dúas linguas bantús faladas en Angola, sendo a outra o kimbundu. É a lingua máis falada de Angola. Os seus falantes son coñecidos como ovimbundu e son un grupo étnico que constitúe un terzo da poboación do país. O seu territorio tradicional son as terras altas de Angola Central e a rexión costeira ó oeste desas terras, incluíndo as cidades de Benguela e Lobito. Por mor de migracións internas recentes, hai grandes comunidades de falantes umbundu na capital, Luanda, e na provincia homónima, así como en Lubango.
Umbundu Úmbúndú | ||
---|---|---|
Outros nomes: | mbundu do sur | |
Falado en: | Angola | |
Rexións: | África austral | |
Total de falantes: | 6,19 millóns (2014)[1] | |
Familia: | Atlántico-congolesa Benue–congolesa Bantoide meridional Bantú Umbundu | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Angola (lingua nacional) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | umb | |
ISO 639-3: | umb
| |
Mapa | ||
Status | ||
Notas
editar- ↑ "The World Factbook — Central Intelligence Agency". www.cia.gov (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2020. Consultado o 14 de agosto de 2018.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Schadeberg, Thilo C. (1982) 'Nasalization in Umbundu', Journal of African Languages and Linguistics, 4, 2, 109–132.
- Gladwyn M. Childs 'Umbundu Kinship and Character: Being a Description of Social Structure and Individual Development of the Ovimbundu', Londres: Oxford University Press, 1949. ISBN 0-8357-3227-4.