Bengo
Bengo é unha das 18 provincias de Angola, localizada no norte. Ten unha área de 33.016 km² e unha poboación de aproximadamente 450.000 habitantes. A cidade de Caxito, no municipio de Dande, é a capital provincial.
XeografíaEditar
Atópase rodeando Luanda, situada a setenta quilómetros de Caxito. Limita coas provincias de Zaire polo norte, Uige polo nordeste, Cuanza Norte polo leste e Cuanza Sul polo sur.
Nesta provincia sitúase o Parque Nacional de Kissama e a reserva do bosque de Kibinda, rodeado por dous grandes ríos, o Longa e o Kwanza. Este último é navegable ao longo de todo o seu paso polo parque, e até a desembocadura no Océano Atlántico. A provincia tamén ten un número de lagos, a maior parte nos municipios de Dande e Icolo e Bengo. É unha provincia costeira, e dispón de praias naturais, como a de Pambala e Libongos, de 7 km de lonxitude.
O clima é de tipo tropical seco, cunha temperatura media de 25 °C, sendo o mes de marzo o máis cálido (33 °C) e xullo o máis fresco (17 °C).
As cidades máis importantes son: Cabo Ledo, Lagoa de Panguila, Porto Kipiri e Funda.
DemografíaEditar
A provincia contaba con 166.000 habitantes en 1991, estimándose para o 2006 de 460.508 persoas.[1]
MunicipiosEditar
Posúe cinco concellos.
Municipio | Capital | Área (km2) | Pop. (2006 est) |
---|---|---|---|
Ambriz | Ambriz | 4,204 | 16,611 |
Dande | Caxito | 6,529 | 82,992 |
Ícolo e Bengo | Catete | 3,819 | 58,830 |
Nambuangongo | Muxaluando | 5,604 | 110,831 |
Quiçama | Muxima | 12,046 | 29,905 |
Algunhas fontes tamén inclúen os seguintes municipios na provincia de Bengo: Bula-Atumba, Dembos, e Pango-Aluquém.[2]
ComunasEditar
Componse das seguintes comunas:[3]
EconomíaEditar
A principal actividade económica é a agricultura, centrándose no cultivo de café, algodón, iuca, palmeiras, cítricos, bananas e hortalizas. Tamén traballan a madeira, e realizan labores de pesca. Hai artesáns que fan cousas tradicionais do lugar con bambú, madeira, pau preto, bordados.
Tamén hai minería que extrae xofre, xemas, fosfatos, calcarios e cuarzo.
Outro importante motor é a pesca deportiva e a caza.
LinguasEditar
NotasEditar
- ↑ Instituto Nacional de Estatística, Angola. Instituto Nacional de Segurança Social, Angola. [1] Arquivado 30 de setembro de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Info-Angola (ed.). "Bengo: Municipios". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
- ↑ Info-Angola (ed.). "Bengo: Comunas". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Info-AngolaArquivado 22 de decembro de 2009 en Wayback Machine.