Porto Amboim

municipio de Angola

Coordenadas: 10°43′6″S 13°45′0″L / -10.71833, -13.75000

Porto Amboim é unha cidade e municipio da provincia de Cuanza Sul, en Angola.

Unha rúa de Porto Amboim.

XeografíaEditar

Limita ao norte co municipio de Quiçama, ao leste cos municipios de Quilenda e Amboim, ao sur co municipio do Sumbe, e ao oeste polo océano Atlántico.

O concello ten unha superficie de 3 646 km² e, no ano 2006 tiña unha poboación estimada de 136 729 habitantes, polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era duns 37,5 hab./km².

Está constituído polas comunas de Porto Amboim (sede) e Kapolo.

HistoriaEditar

Orixinariamente, Porto Amboim era coñecido como Kissonde, un pequeno poblo que os portugueses colonizaron en 1587, e lle deron o nome de Benguela, e máis tarde Benguela Velha, debido á creación doutro pobo hoxe coñecido como Benguela, cidade que está situada a 350 km ao sur de Benguela Velha.

En 1923 o nome foi cambiado a Porto Amboim.

Hoxe (2014), Porto Amboim é unha das áreas de crecemento para a industria off shore. A capa de presal[1] fronte á costa de Angola, con Porto Amboim no centro, é unha área de desenvolvemento planificada, con empresas como Paenal, unha empresa conxunta entre Sonangol, SBM & DSME e Heerema Porto Amboim, os dous principais estaleiros de fabricación para buques de mar a fóra.

NotasEditar

  1. Denomínase capa de presal a unha serie de formacións xeolóxicas diacrónicas nas plataformas continentais de concas extensionais formadas despois da separación de Gondwana, caracterizadas pola deposición de capas grosas de evaporitas, maioritariamente sal.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.