Sumbe

cidade de Angola

Sumbe é unha cidade e municipio litoral de Angola, capital da provincia de Cuanza Sul.

Modelo:Xeografía políticaSumbe
Imaxe

Localización
Mapa
 11°12′19″S 13°50′30″L / -11.2052, 13.8417Coordenadas: 11°12′19″S 13°50′30″L / -11.2052, 13.8417
EstadoAngola
ProvinciasCuanza Sul Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación279.968 (2014) Editar o valor em Wikidata (60,36 hab./km²)
Xeografía
Superficie4.638 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude0 m Editar o valor em Wikidata
Creación1889 Editar o valor em Wikidata

Até 1975 designouse como "Novo Redondo". Tamén se chamou Negunza Cabolo. Este nome usouse despois da independencia de Angola, en honra ao líder da resistencia á ocupación colonial, tamén chamado "Príncipe do Sertão", tamén chamado o "Príncipe do Sertão".[1]

Etimoloxía editar

O nome "Sumbe" deriva da palabra en lingua kimbundu cussumba, que significa "comprar", debido a que olugar onde se encontra situada a cidade constituíu antigamente unha zona de intercambios comerciais entre os pobos do interior e os do litoral: o sal e o peixe, así como os tecidos levados polos europeos, serviron durante moito tempo para nutrir ese circuíto comercial, que tamén incluía a venda de escravos negros.[1]

Xeografía editar

Segundo as proxecións de poboación de 2018, elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística de Angola, contaba cunha poboación de 313 894 habitantes, e unha superficie territorial de 3 890 km², sendo o municipio con máis poboación da provincia,[2] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 56 hab./km².

O municipio limita ao norte co municipio de Porto Amboim, ao leste cos municipios de Conda, Seles e Cassongue, ao sur coa provincia de Bengo, os municipios de Lobito e Bocoio (ambos os dous na provincia de Benguela), e ao oeste co océano Atlántico.

O municipio comprende as comunas de Gangula, Gungo, Kicombo e Sumbe.

Historia editar

A existecia dunha especie de localidade-feira, levou as autoridades coloniais portuguesas a pensaren na fundación dunha cidade, motivada tamén pola "necesidade de defensa contra as incursións de piratas ingleses e franceses, e da cercanía dos antigos reinos de Luanda e de Benguela, así como das minas de cobre".[1]

A fundación da cidade comezou o 7 de xaneiro de 1768, cando o gobernador Francisco Inocêncio de Sousa Coutinho ordenou a unha brigada de enxeñeiros que elixise onde se instalaría unha fortaleza-presidio co nome de Novo Redondo. En 1785 rematouse a construción da primeira fortaleza de pedra, e a primeira igrexa foi construída só en 1811. Porén, os primeiros servizos sanitarios só aparecerían en 1872, coa chegada do médico Francisco Joaquim Vieira.[1]

No século XX foi a primeira localidade angolana a ter iluminación pública, fornecida a partir do central hidroeléctrica do río Cambongo.[1]

Xá con características de vila, foi por primeira vez visitada por un presidente português en 1954, o xeneral Francisco Higino Craveiro Lopes. En 1955, polo decreto 40.225 de 20 de xullo, a cidade foié elevada a capital de distrito e, o 28 de maio do ano seguinte, polo diploma lexislativo número 2.757, foi ascendida á categoría de cidade.[1]

En 1975, en vésperas da proclamación da independencia de Angola, a Forza de Defensa surafricana lanzou un amplo ataque coñecido como "Operación Savannah", con Sumbe sometido á ocupación estranxeira e da UNITA. No mesmo ano, o MPLA, co apoio das Forzas Armadas de Cuba, lanzou un contraataque na "Operación Carlota", expulsando ás tropas estranxeiras e recuperando o control da cidade.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Sumbe - Imenso potencial turístico Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Austral, Revista de Bordo da TAAG/SAP Viajar, 3 de novembro de 2010.
  2. Schmitt, Aurélio. Municípios de Angola: Censo 2014 e Estimativa de 2018. Revista Conexão Emancipacionista, 3 de febreiro de 2018. Consultado e 16 de setembro de 2019.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Tams, G. (1845): Die portugiesischen Besitzungen in Süd-West-Afrika: ein Reisebericht, pp. 76–84: Novo Redondo.

Outros artigos editar