Francisco Inocêncio de Sousa Coutinho

militar, diplomático e administrador colonial portugués


Francisco Inocêncio de Sousa Coutinho, nado en Vila Viçosa (distrito de Évora, Alentexo) o 28 de decembro de 1726, e finado en Madrid o 6 de febreiro de 1780, foi un militar, diplomático e administrador colonial portugués.

Infotaula de personaFrancisco Inocêncio de Sousa Coutinho
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1726 Editar o valor em Wikidata
Vila Viçosa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte6 de febreiro de 1780 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Angola
Embaixador en España
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Coñecido porFundador da cidade de Novo Redondo (hoxe Sumbe), en Angola
Actividade
OcupaciónMilitar, diplomático e administrador colonial portugués
EmpregadorReino de Portugal
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRodrigo de Sousa Coutinho
Domingos António de Sousa Coutinho
Francisco Maurício de Sousa Coutinho
José António de Meneses e Sousa Coutinho
PaisRodrigo de Sousa Coutinho  e Maria Antónia de São Boaventura e Meneses Paim

Traxectoria editar

Ocupou varios postos militares no Reino de Portugal, e despois exerceu o cargo de Gobernador e de Capitán Xeneral no Reino de Angola entre 1764 e 1772, sucedendo a António de Vasconcelos e sendo sucedido por António de Lencastre.[1][2][3]

O 7 de xaneiro de 1768, sendo Gobernador de Angola, Sousa Coutinho ordenou a unha brigada de enxeñeiros que elixise o lugar onde se instalaría unha fortaleza-presidio, a que lle deu o nome de Novo Redondo, o que representou a fundación da cidade hoxe coñecida como Sumbe.[4]

Despois de deixar o Goberno de Angola foi nomeado embaixador en España, falecendo no exercicio das súas funcións.

Vida familiar editar

Era fillo de Rodrigo de Sousa Coutinho, vedor da Casa Real, e de Maria Antónia de São Boaventura e Meneses Paim.

Foi pai de Rodrigo de Sousa Coutinho, primeiro conde de Linhares; de Domingos António de Sousa Coutinho, primeiro conde e marqués do Funchal; de Francisco Maurício de Sousa Coutinho, Gobernador Xeral da Capitanía do Grão-Pará (Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarves), e de José António de Meneses e Sousa Coutinho, membro do Consello de Rexencia do Reino.

Notas editar

  1. Rulers.org - Angola
  2. worldstatesmen.org - Angola
  3. John Stewart (2006): African States and Rulers 3ª ed. Jefferson, Carolina do Norte, USA. ISBN 978-0-7864-2562-4.
  4. Sumbe - Imenso potencial turístico Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Austral, Revista de Bordo da TAAG/SAP Viajar, 3 de novembro de 2010.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar