Capitanía Xeneral

entidade territorial administrativa dos imperios español e portugués
(Redirección desde «Capitán Xeneral»)

Historicamente a figura da Capitanía Xeneral[1] apareceu nos reinos da Monarquía Católica, incluídas as Indias, durante o século XVI. O seu titular, o capitán xeneral, era tamén o gobernador e ao mesmo tempo, o presidente da Real Audiencia, polo que tiña funcións non só militares (mando e organización do exército), senón tamén de goberno (xurisdición civil e penal sobre os habitantes do territorio correspondente).

Esta acumulación de poderes non era soamente honorífica, xa que

...los Capitanes Generales Presidentes de la Real Audiencia pueden llamar y hacer comparecer a los corregidores, alcaldes mayores y demás jueces y ministros e justicia, tanto para instruirse como para corregirles, amonestarles sobre cualquier punto o negocio que importe al Real Servicio y bien del público.[2]

o que implicaba unha concepción do poder que podemos cualificar de vicerreinal: o Gobernador resumía todos os poderes e, nese sentido, era un delegado rexio ou vicerrei.

As Capitanías Xenerais na coroa española

editar

Desde o comezo da época borbónica (1711), instituíuse, por mandato do rei Filipe V, e a causa da supresión dos vicerreinos da Coroa de Aragón, a nova figura como Xefe do Exército e Presidente da Audiencia.

Durante o século XVIII, por tanto, revalorizándose o emprego de capitán xeneral, adquirindo, como vimos, un carácter esencialmente político (administración de xustiza, goberno e facenda, sen perder, porén, o seu cometido militar tradicional.

Coa reforma administrativa de 1835, e debido á redistribución do territorio en provincias, a cuxa fronte estaban funcionarios civís, o Capitán Xeneral perdeu as funcións gobernativas e quedou como mando supremo dunha rexión militar.

Este grao era temporal e o seu titular (un tenente xeneral) deixaba de selo ao cesar no posto. O cargo desapareceu da escala activa ao mesmo tempo que as Capitanías Xenerais o ano 2002.

Actualmente a única persoa que ostenta o título é o rei de España.[3]

As Capitanías Xenerais na América Española

editar

Nalgunhas posesións coloniais españolas, caracterizadas en xeral por seren zonas de importancia estratéxica, ben fose polas loitas contra as potencias estranxeiras, a pirataría, ou a loita contra as tribos indíxenas de difícil sometemento, o cargo de Capitán Xeneral e as súas funcións adquiriron máis relevancia que as propias do oficio de presidente ou de simple gobernador.

 
Vicerreinado de Santa Fe de Bogotá (en rosa) e a Capitanía Xeneral de Venezuela (en amarelo), en 1742. Ao redor de Venezuela, pódense ver as provincias segregadas de Santa Fe en 1777 e agregadas a Venezuela.

A acumulación deste oficio ao de vicerrei, presidente-gobernador ou simple gobernador, remóntase ao século XVI. Alfonso García-Gallo explica que, estando pacificada a respectiva zona, e non existindo tropas permanentes nela, a Capitanía Xeneral nas Indias durante o século XVI e até mediados do XVII, era máis ben un cargo secundario, polo que non se mencionaba cando se describían as autoridades do territorio.

Pero durante o século XVIII a preocupación militar pasou a un primeiro plano, revalorizándose o emprego de capitán xeneral. E, como na metrópole, adquiriu un carácter esencialmente político, sen perder o seu cometido militar.

Considerando esta evolución experimentada na Península Ibérica, García Gallo estima que a creación da Capitanía Xeneral de Venezuela por real cédula de 8 de setembro de 1777 non só tiña un contido militar senón tamén político: o capitán Xeneral de Venezuela non estaba són por riba dos restantes gobernadores no militar, senón que tiña a "superior xurisdición gobernativa" sobre as demais provincias (Trinidad, Cumaná, Margarita, Guayana e Maracaibo).

Outros autores, como Mario Briceño, Guillermo Morón e Antonio Muro Orejón, sinalan que a real cédula de 1777 supuxo unicamente a submisión das distintas provincias no militar, polo que Venezuela non tería sido nunca, gobernativamente, unha Capitanía Xeneral.

Muro Orejón afirma que as Capitanías Xenerais nas Indias eran exclusivamente institucións militares de rango máximo, e non institucións de goberno indiano. Engade que a súa consideración como institucións de goberno débese a unha confusión orixinada a partir dos mapas e cartas náuticas das potencias estranxeiras do século XVIII, documentos nos que adoitaba sinalarse coa denominación de Capitanía Xeneral ás presidencias-gobernacións, pois o que lles interesaba destacar nestas era a existencia dun importante continxente militar en ditos territorios, dirixidos por un capitán xeneral, e non así o título civil —presidente-gobernador— que tal autoridade posuía como principal. Ademais, tamén se suma o feito de que os cargos de presidentes-gobernadores foron, por regra xeral, ocupados por militares durante dita época, o que provocaría que a estes lles resultara máis grato o uso do título de capitán xeneral, antes do que o primordial e civil de presidente-gobernador.

Lista das Capitanías Xenerais no Novo Mundo

editar

As Capitanías Xenerais que adoitan mencionarse en manuais, monografías e outros textos son as seguintes (entre parénteses, ano de establecemento):

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para capitanía xeneral.
  2. Real Resolución de 27 de novembro de 1773, citada por Fernández-Villamil Alegre, Enrique (1962): Juntas del Reino de Galicia. Historia de su nacimiento, actuaciones y extinción. Madrid: Instituto de Estudios Políticos, I, p. 506.
  3. Ley 17/1999, de 18 de mayo, de Régimen del Personal de las Fuerzas Armadas.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Anes, Gonzalo (1975): El Antiguo Régimen: Los Borbones. Volume IV da Historia de España Alfaguara dirixida por Miguel Artola. Madrid: Alianza Editorial/Alfguara. ISBN 84-206-2044-0, cap. 6, La orgnización política y administrativa, pp. 295–340, e cap. 8, La América española en el siglo XVIII, pp. 435–445.
  • Domínguez Ortiz, Antonio (1973): El Antiguo Régimen; Los Reyes Católicos y los Austrias. Voluma III da Historia de España Alfaguara dirixida por Miguel Artola. Madrid: Alianza Editorial/Alfguara. ISBN 84-206-2042-4, cap. 10, Los órganos del poder, pp. 194–219; cap. 13, El imperio hispánico de Ultramar, pp. 261–291, e cap. 19, Los problemas de la América española en el siglo VII, pp. 417–444.
  • García-Gallo, Alfonso (1979): "La Capitanía general como institución de gobierno político en España e Indias en el siglo XVIII", in Memoria del Tercer Congreso Venezolano de Historia, pp. 537–582
  • Muro Orejón, Antonio (1989): Lecciones de Historia del Derecho hispano-indiano. México: Miguel Ángel Porrúa. ISBN 968-842-193-6
  • Sánchez Bella, Ismael; De la Hera, Alberto e Díaz Rementería, Carlos (1992): Historia del Derecho Indiano. Madrid: Editorial MAPFRE S.A. ISBN 84-7100-512-3