Capitanía Xeneral de Venezuela

A Capitanía Xeneral de Venezuela foi unha entidade territorial ultramarina das Indias, integrante do Imperio español, establecida pola Coroa española durante o seu período de dominio americano, que abarcaba un territorio similar ao da actual Venezuela.

Modelo:Xeografía políticaCapitanía Xeneral de Venezuela

Localización
Estado desaparecidoImperio Español Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1777 Editar o valor em Wikidata
Disolución1823 Editar o valor em Wikidata

Foi creada en 1777 para dotar de máis autonomía á provincia de Venezuela, que antes estaba baixo a xurisdicón do Vicerreinado de Nova Granada e da Audiencia de Santo Domingo, como parte da Reforma borbónica e sentou as base para a futura nación de Venezuela, en particular pola orientación da Provincia de Maracaibo cara a Caracas.

Foi gobernada por distintos Capitáns Xenerais, exceptuando un breve período cando gobernou a Xunta Suprema de Caracas tras da renuncia de Emparan ata marzo de 1811.