Capitanía Xeneral de Chile

A Capitanía Xeneral de Chile foi unha entidade territorial integrante do Imperio español entre 1541 e 1818, establecida pola Coroa española durante o seu período de dominio americano, que abarcaba un territorio similar do actual país. Culmina coa independencia da República de Chile.

Capitanía Xeneral de Chile, 1775

A Capitanía Xeneral foi situada no bordo suroeste de América do Sur xunto ao océano Pacífico, e tamén incluíu todo o territorio da Patagonia oriental ata o océano Atlántico. O seu límite norte foi o deserto de Atacama e o sur era o Polo Sur; porén, só foron realmente ocupados os territorios na zona occidental da Cordilleira dos Andes entre o deserto de Atacama e o Río Biobío, sector coñecido como La Frontera, ademais da cidade-forte de Valdivia e a Illa Grande de Chiloé. A capital da Capitanía era a cidade de Santiago de Nueva Extremadura.[1]

Notas editar

  1. Recopilación de Leyes de los Reynos de las Indias, Libro II De las Leyes, Provisiones, Cedvlas, y Ordenanças Reales, Título XV «De las Audiencias, y Chancillerias Reales de las Indias», Ley XII "Audiencia y Chancilleria Real de Santiago de Chile". Consultado o 16 de agosto de 2016.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Barros Arana, Diego (1897). Historia General de Chile. Santiago: Imprenta Cervantes. Tomos I-V. (en castelán)
  • Campos Harriet, Fernando (1999). Historia constitucional de Chile (7ª edición). Santiago: Editorial Jurídica de Chile. ISBN 956-10-0405-4. (en castelán)
  • Carvallo Goyeneche, Vicente (1875). Descripción histórico-jeográfica del Reino de Chile. Tomos IX, X e XI. Santiago: La Estrella de Chile. (en castelán)
  • Eyzaguirre, Jaime (2000). Breve historia de las fronteras de Chile (28ª edición). Santiago: Editorial Universitaria. ISBN 956-11-1356-2. (en castelán)

Ligazóns externas editar



 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.