João Lourenço

político angolano

João Manuel Gonçalves Lourenço, nado en Lobito o 5 de marzo de 1954, é un político angolano, Presidente de Angola dende o 26 de setembro de 2017.[1] Foi elixido Presidente da República o 23 de agosto de 2017. Anteriormente foi Ministro de Defensa entre 2014 e 2017.

Infotaula de personaJoão Lourenço
Nome orixinal(pt) João Manuel Gonçalves Lourenço Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1954 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Lobito (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente de Angola
26 de setembro de 2017 –
← José Eduardo dos Santos
Ministro da Defesa de Angola (pt) Traducir
22 de abril de 2014 – 26 de setembro de 2017
Governor of Moxico (en) Traducir
Governor of Benguela (en) Traducir
Membro da Assembleia Nacional de Angola (pt) Traducir

Lexislatura: 2nd National Assembly (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAngola Editar o valor em Wikidata
EducaciónV. I. Lenin Military-Political Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , militar Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMPLA Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarcoronel-general (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
23 de xaneiro de 2018World Economic Forum Annual Meeting 2018 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAna Dias Lourenço
Premios

WikiTree: Lourenço-182

Traxectoria editar

Participou na guerra de independencia contra as forzas coloniais portuguesas, que rematou en 1975. Logo estudou historia na Unión Soviética entre 1978 e 1982 na Academia Lenin. Ocupou varios cargos no Movemento Popular para a Liberación de Angola (MPLA, un partido inicialmente inspirado polo marxismo-leninismo). A súa carreira militar levouno a servir como comisionado provincial e logo como líder político nacional das FAPLA (Forzas Armadas Populares de Liberación de Angola).

Foi secretario xeral do MPLA de 1998 a 2003. Cando o presidente José Eduardo dos Santos dixo ó final da guerra civil de Angola en 2002 que pensaba deixar o poder, Lourenço xa se perfilaba para sucedelo. Mais dos Santos era un estratego, e a súa declaración só se realizou para identificar ós ambiciosos. João Lourenço foi despedido da secretaría xeral do partido gobernante. Lourenço non era a elección principal do xefe de Estado para sucederlo. Dos Santos primeiro favoreceu ó seu fillo, José Filomeno de Sousa dos Santos, pero os cadros históricos do MPLA eran hostís a esta opción dinástica. Dos Santos tratou entón de impor a un home que lle debía todo, Manuel Vicente, o expresidente da petroleira Sonangol, que non pasara polo exército nin polo partido, e atopábase descualificado por casos de corrupción. Entre 2003 e 2014, João Lourenço converteuse en primeiro vicepresidente da Asemblea Nacional. En abril de 2014, tomou unha posición importante no goberno ó ser nomeado Ministro de Defensa. En agosto de 2016, tamén se converteu en vicepresidente do MPLA.[2]

A finais de decembro de 2016, o MPLA, encabezado por dos Santos, elixiu a João Lourenço como candidato presidencial para as eleccións lexislativas do mes de agosto de 2017. A súa elección foi consensual dentro do partido, sendo considerado un moderado. Segundo o ex primeiro ministro Marcolino Moco, "Lourenço era dunha á prudente no momento da caída do Muro de Berlín". Varias veces presente en Portugal durante os festivais do xornal Avante! e nos congresos do Partido Comunista Portugués, João Lourenço foi membro da delegación do MPLA no momento da súa adhesión á Internacional Socialista.[3]

En febreiro de 2017, ds Santos declarou oficialmente que non era candidato á presidencia para as eleccións de agosto de 2017 e que João Lourenço era o candidato do MPLA.[4] Trala vitoria do MPLA nas eleccións xerais, foi elixido Presidente da República e asumiu as súas funcións o 26 de setembro de 2017.[5]

En setembro de 2018, João Lourenço converteuse en líder do MPLA trala decisión de José Eduardo dos Santos de retirarse. Foi elixido no VI Congreso extraordinario do partido cun 98.59% dos votos.[6]

Notas editar