Bathurst
A illa de Bathurst é unha illa canadense que forma parte das Illas da Raíña Isabel no territorio de Nunavut. Ocupa unha superficie estimada de 16 042 km²,[1] 188 km de longo por 149´5 km de largo, é a 54ª na Lista de illas por superficie e a 13ª das illas máis grandes do Canadá. Está deshabitada.
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Henry Bathurst (pt) | ||||
Descubridor ou inventor | William Edward Parry | ||||
Parte de | Illas Árticas do Canadá | ||||
Localización | |||||
Continente | América do Norte | ||||
División administrativa | Nunavut, Canadá | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Ártico | ||||
Características | |||||
Dimensións | 150 () × 188 () km | ||||
Perímetro | 1.548 km | ||||
Superficie | 16.042 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1819 | ||||
Xeografía
editarA illa é de pouca altura con poucas partes que escedan os 330 de altitude. O punto máis alto ten 412 m. en Stokes Mountain na Stokes Range. Que á súa vez forma parte do sistema montañoso da Cordillera Ártica. As boas condicións do chan producen abundante vexetación e alimenta unha poboación silvestre máis prolífica que outras illas do Ártico.
Na illa atópanse as áreas do Programa Biolóxico Internacional, Polar Bear Pass e Parque Nacional Qausuittuq.
Historia
editarFoi descuberta por Sir William Edward Parry no ano 1819 e debe o seu nome ao Conde Henry Bathurst, Secretario de Estado británico para a guerra e as colonias (1812-1827). A illa foi poboada pola tribo Thule cara ao ano 1000, probablemente debido a que nesa época houbo un clima máis cálido (nesa época chegan os viquingos a Vinland). Robert Aldrich trazou gran parte da súa costa oeste en 1851, mentres que George Henry Richards (George Henry Richards) e Sherard Osborn (Sherard Osborn) debuxaron a súa costa do norte en 1853.[2]
Robert Aldrich trazou gran parte da súa costa oeste en 1851, mentres que George Henry Richards e Sherard Osborn debuxaron a súa costa do norte en 1853.[3][4]
The Earth's North Magnetic Pole tracked north
O Norte da Terra, o Polo Magnético rastrexouse cara ao norte a través da illa de Bathurst durante os anos sesenta e setenta.
Notas
editar- ↑ "Atlas of Canada". Atlas.nrcan.gc.ca. 2009-08-12. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 2010-08-30.
- ↑ Parry, William Edward (1821). Journal of a voyage for the discovery of a North-West passage from the Atlantic to the Pacific: performed in the years 1819-20. London: John Murray.
- ↑ Mills, William James (2003). Exploring polar frontiers: a historical encyclopedia. Santa Barbara: ABC-CLIO.
- ↑ M'Dougall, George F. (1857). The eventful voyage of H.M. discovery ship "Resolute" to the Arctic regions, in search of Sir John Franklin and the missing crews of H.M. discovery ships "Erebus" and "Terror," 1852, 1853, 1854. London: Longman, Brown, Green, Longmans, & Roberts.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bathurst |