Bandeira de Mauritania

A bandeira de Mauritania é a bandeira oficial do país. A bandeira orixinal foi adoptada o 1 de abril de 1959[1] baixo o mando de Moktar Ould Daddah.[2] Consiste nun fondo de cor verde no que figuran unha lúa crecente de cor amarela situada baixo unha estrela de cinco puntas da mesma cor. O 5 de agosto de 2017 realizouse un referendo por parte do presidente Mohamed Ould Abdel Aziz para cambiar a bandeira nacional, abolir o senado e outras emendas constitucionais. O referendo tivo éxito e os cambios na bandeira, engadindo dúas faixas vermellas, foron adoptados o día seguinte.

Bandeira de Mauritania
Bandeira de Mauritania
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción6 de agosto de 2017
Cores     Verde (R:0 G:98 B:51)     Amarelo (R:255 G:196 B:0)     Vermello (R:205 G:42 B:62)

As cores verde e amarela están asociadas co panafricanismo. O verde tamén é un símbolo do islam e o amarelo do deserto do Sáhara. A lúa crecente e a estrela son considerados símbolos no islam, a relixión maioritaria de Mauritania.

Modificación de 2017 editar

 
Bandeira de Mauritania entre 1959 e 2017.

O referendo do 5 de agosto de 2017 formulado polo presidente Mohamed Ould Abdel Aziz incluía entre outras emendas constitucionais unha modificación da bandeira nacional. Engadiríanse dúas faixas vermellas, unha na parte superior e outra na inferior, para simbolizar a perda de sangue no país na procura da súa independencia de Francia.[3][4]

Notas editar

  1. Flags of the World (ed.). "Mauritania at FOTW". Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  2. Flags of the world (ed.). "France colon". Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  3. "Mauritanie: un référendum pour supprimer le Sénat, changer de drapeau et d'hymne" [Mauritania: a referendum to abolish the Senate, change the flag and the anthem] (en French). afrique.le360. 4-11-2016. Consultado o 16-11-2016. 
  4. "Mauritania votes on controversial constitutional reform". Al Jazeera. 6-8-2017. Consultado o 6-8-2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar