Allier
![]() | |
Rexión | Auvernia-Ródano-Alpes |
Prefectura | Molins |
Presidente | Claude Riboulet (UDI)[1] |
Distritos | 3 |
Cantóns | 35 |
Concellos | 320 |
Superficie | 7.340 km² |
Poboación (2004) - Total - Densidade |
344.000 hab. 47 hab./km² |
![]() | |
Localización de Allier na Francia. |
Allier (Occitano: Alèir) (03) é un departamento localizado no centro sur da Francia. O seu nome vén do río Allier.
HistoriaEditar
Allier é un dos 83 departmentos orixinais creados trala Revolución francesa o 4 de marzo de 1790. O departamento de Allier foi creado a partir da división das antigas provincias de Auvernia e Bourbonnais.
En 1940, o goberno do Mariscal Philippe Pétain elixiu á vila de Vichy como a súa capital.
XeografíaEditar
O departamento de Allier pertence á rexión de Auvernia. ao seu arredor atópanse os departamentos de Cher, Nièvre, Saona e Loira, Loira, Puy-de-Dôme, e Creuse.
O departamento é percorrido polos seguintes ríos:
EconomíaEditar
Allier é a área máis produtiva da rexión de Auvernia. A súa capital, Vichy é coñecida polas súas augas, as cales son exportadas por todo o mundo.
DemografíaEditar
As principais cidades do departamento son Montluçon, Vichy, e Moulins. O resto do departamento está poboado por pequenos núcleos de poboación, na súa maioría situados ao longo dos ríos. En xeral, o departamento atópase dispersamente poboado. Durante o século XIX a poboación do departamento medrou considerabelmente grazas ao medre das industrias de Montluçon e Moulins, e polo desenvolvemento de Vichy grazas ás súas augas. Naquel tempo o departamento contaba cunha poboación arredor dos 420.000 habitantes. Trala Primeira Guerra Mundial, a poboación estabilizouse, medrando en menor medida durante a década de 1960. Dende aquela, a poboación caeu dos 386.533 habitantes en 1968 ós 344.721 en 1999.
NotasEditar
- ↑ "Claude Riboulet succède à Gérard Dériot à la tête du Conseil départemental de l’Allier", France 3, 25.09.2017.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |