En lingüística denomínase superestrato ó conxunto de características léxicas, fonéticas e gramaticais deixadas nunha lingua polos falantes dun grupo invasor ou estranxeiro que fala unha lingua diferente. En contraposición, denomínase substrato ás características deixadas pola invadida na invasora. En resumo, é o conxunto de características lingüísticas deixadas por unha lingua invasora.

Así, por exemplo, pódense considerar como superestrato do galego as palabras e estruturas incorporadas á fala romance das linguas xermánicas e do árabe tras as súas respectivas conquistas da Península Ibérica.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar