Biel/Bienne

Coordenadas: 47°08′N 7°15′L / 47.133, -7.250

Biel/Bienne é unha cidade de Suíza, situada no cantón de Berna, a media hora por estrada da capital suíza de Berna. Os seus 54.456 habitantes (datos de 2016) convértena na décima cidade do país. É o corazón da industria reloxeira suíza. Dende o 1 de xaneiro de 2005 pasou a denominarse oficialmente Biel/Bienne.

Biel/Bienne
Bienna
Biel-coat of arms.svg
CH Biel Altstadt-5.JPG
Localización
Karte Gemeinde Biel Bienne 2010.png
PaísSuíza Suíza 
CantónFlag of Canton of Bern.svg Berna
DistritoBiel/Bienne
Xeografía
Altitude434 msnm
Superficie51,60 km²
Demografía
Poboación54 456
Densidade1.055
Outros datos
Código postal2500 - 2510
AlcaldeErich Fehr (SPS)

XeografíaEditar

A cidade descansa aos pés da aba sur da Cordilleira do Xura, na ribeira nordeste do Lago de Biel. Queda, pois, xusto na fronteira lingüística entre o francés e o alemán, o Röstrigaben, motivo polo cal a denominación oficial da cidade é nos dous idiomas, habendo un 40% de francófonos e un 60% de xermanófonos, con tendencia a diminuiren os primeiros en favor dos segundos.

HistoriaEditar

A orixe de Biel hai que procurala no asentamento galo establecido durante a cultura de La Tène. Foi conquistada sucesivamente por romanos e burgundios, chegando estes últimos a incorporala ao seu reino, para pasar posteriormente ao dominio do Sacro Imperio Romano Xermánico.

A cidade propiamente dita foi construída no século XI e o primeiro rexistro escrito do seu topónimo data de 1142. Ata o século XVIII permaneceu oficialmente baixo a xurisdición do bispo de Basilea, mais na práctica integrouse na Antiga Confederación Suíza.

En 1798 foi anexionada pola Primeira República Francesa. Unha vez derrotado Napoleón, tras o Congreso de Viena, integrouse no cantón de Berna, onde aínda permanece.

Ata 2005 denominouse oficialmente Biel, aínda que a forma bilingüe Biel-Bienne tamén era de uso común. A partir dese ano a denominación oficial pasou a ser Biel/Bienne.

EconomíaEditar

A economía de Biel xira en torno á súa industria reloxeira. Marcas coma Festina, Leroy, Swatch ou Rolex están intimamente ligadas coa cidade. A mecánica de precisión e a micromecánica prosperan en toda a vila e nos seus arredores. Rolex estableceuse dende os seus inicios aquí, situando os seus centros de produción. Swatch tamén ten a súa sede central na cidade, ao igual que a Federación da Industria Reloxeira Suíza.

CulturaEditar

En 2004 recibiu o Premio Wakker pola conservación e desenvolvemento do seu patrimonio arquitectónico. En efecto, o centro histórico de Biel/Bienne, aínda que cativo, conserva as súas trazas orixinais, presididas por unha igrexa gótica do século XV. Tamén abundan as fontes profusamente decoradas con todo tipo de flores.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar