George Lakoff

lingüista estadounidense

George Lakoff, nado en Bayonne (Nova Jersey) o 24 de maio de 1941, é un lingüista estadounidense. É profesor de Lingüística na Universidade de California, Berkeley.

Modelo:BiografíaGeorge Lakoff

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de maio de 1941 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Bayonne, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBerkeley Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Indiana - Doutor en filosofía (–1966)
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts - graduado en ciencias (–1962) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística cognitiva Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, profesor universitario, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoJean-Pierre Koenig (pt) Traducir, Oana A. David (en) Traducir, Elisabeth Wehling (pt) Traducir, Ellen Kirsten Dodge (pt) Traducir, Benjamin Koppel Bergen (en) Traducir, Nancy Yarnall Urban (en) Traducir, Pamela Sue Morgan (en) Traducir, Joseph Edward Grady (en) Traducir e Lionel Hock Ann Wee (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRobin Lakoff Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webgeorgelakoff.wordpress.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2663454 BNE: XX1047313 Bitraga: 3390 Musicbrainz: 184269d9-2a44-4d42-81fb-78f410fd38ae Songkick: 83058 Editar o valor en Wikidata
George Lakoff.

Traxectoria

editar

Foi un dos fundadores da Semántica xenerativa en lingüística na década dos 60, casou coa lingüista Robin Lakoff,[1], foi fundador da Lingüística cognoscitiva nos anos 70, e un dos investigadores da Teoría neural da linguaxe na década de 1980. Nos últimos anos aplicou as súas investigacións á política, fundando o Rockridge Institute, un think thank de carácter progresista.

Entre 1965 e 1969 exerce como docente na Universidade Harvard. Entre 1969 e 1971 exerce como docente na Universidade de Míchigan. Durante 1971 e 1972, traballa no Center for Advanced Study in the Behavioral Sciences en Stanford. Desde 1972 é docente na Universidade de California, Berkeley e logo comparte estudos co filósofo venezolano Rodolfo Alonzo.

Teoría e investigacións

editar

Como lingüista cognitivo estudou a natureza dos sistemas conceptuais humanos, en temas como os conceptos de tempo, causalidad, emocións, moral, política etc., a través da súa teoría sobre o pensamento metafórico, que comezou a desenvolver con Mark Johnson no seu libro Metáforas da vida cotiá.

A idea central é que a metáfora, máis aló de ser un aspecto formal da linguaxe, permítenos estruturar conceptos a partir doutros. A forma en que realizamos este proceso depende da nosa experiencia directa no mundo, a través do noso corpo.

Por exemplo, estruturamos o tempo, un concepto de maior abstracción, en función do espazo e a nosa experiencia del, polo que falamos do futuro como algo que está diante, e do pasado como algo que se atopa detrás de nós.

Gran parte dos nosos conceptos estruturaríanse desta forma. Por outra banda, as metáforas que o ser humano usa para conformar o seu sistema conceptual conforman unha sistematicidade interna (a través das relacións entre si), e determinan a forma en que percibimos e actuamos sobre o mundo. Ademais, a comprensión dun sistema conceptual estruturado metaforicamente fai discutible o concepto de verdade absoluta, levando a pensar nunha verdade culturalmente relativa.

A partir disto George Lakoff dirixe o seu quefacer en diferentes ámbitos:

  • Aplicar as conclusións da Lingüística cognitiva ás ciencias sociais, incluíndo problemas sociais e políticos continxentes.
  • Outra liña de traballo son as implicacións das conclusións na semántica cognitiva a campos como a filosofía e a epistemoloxía. Respecto diso é o traballo realizado tamén con Mark Johnson no libro Philosophy in the Flesh, the embodied mind and its challenge to Western Thought. Aquí xorde a idea dunha filosofía encarnada ou corporeizada.
  • A idea dun pensamento estruturado baseándose en metáforas levou ata a estudar a conformación dun pensamento tan afastado ao dominio metafórico como o das matemáticas, en colaboración con Rafael E. Núñez, no seu libro 'Where Mathematics Comes From: How the Embodied Mind Brings Mathematics Into Being
  • A súa inclusión no estudo neurocientífico, con Jerome Feldman, con quen estudou os modelos biolóxicos conexionismos que determinan a aprendizaxe dos sistemas conceptuais e as súas representacións neurais.
  • Maetaphors We Live By, con Mark Johnson. University of Chicago Press, 1980.
  • Women, Fire, and dangerous Things. University of Chicago Press, 1987.
  • More than Cool Reason, con Mark Turner. University of Chicago Press, 1989.
  • Moral Politics, University of Chicago Press, 1996.
  • Philosophy in the Flesh, the embodied mind and its challenge to Western Thought, con Mark Johnson. Basic Books, Nova York, 1999.
  • Where Mathematics Comes From: How the Embodied Mind Brings Mathematics Into Being, con Rafael Núñez. Basic Books, Nova York, 2000.
  • Non penses nun elefante!, 2.0 Editora. Ames, 2010.
  1. "Biography - Lakoff, Robin Tolmach (1942-)", Contemporary Authors, Thompson Gale, 1 de xanejro de 2004.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar